19 agosto 2011

Los campistas de Baroña tienen que desalojar hoy el campamento


:logo-lvg: | Barbanza

Xunta e Seprona deron un prazo de 24 horas para cumprir a orde

A conta atrás para erradicar unha práctica irregular asentada desde hai décadas en Baroña comezou onte. Os montes que se atopan no perímetro do castro sonense, e polos que hai que pasar para acceder a este xacemento castrexo da Idade de Bronce, teñen que ser desaloxados hoxe ao longo do día. Así o notificaron na mañá de onte aos turistas asentados dous traballadores da Consellería de Cultura e Turismo, acompañados por unha patrulla do Seprona.

Os representantes da Administración autonómica solicitaron a documentación aos campistas para coñecer o censo das persoas deste campamento. Cabe dicir que toda a actividade desenvolveuse con absoluta normalidade, atopando a colaboración dos afectados. Aínda así, fontes da Xunta confirmaron que en caso de non acatar a norma, as autoridades tomarán as medidas que sexan necesarias para facer cumprir o regulamento vixente en Galicia que regula esta actividade.

Decreto autonómico

Os representantes da Administración explicaron aos campistas que no lugar está prohibida a acampada. É o decreto 143/2006 o que o explica. A normativa só permite unha concesión, coñecida como acampada itinerante. Segundo desvela, esta actividade unicamente poderá ser practicada por grupos de tres tendas, separados doutros posibles conxuntos por unha distancia mínima de cincuenta metros.

Non poderán estar a menos de tres quilómetros dun cámping autorizado, en núcleos urbanos, lugares de uso público ou que estean a menos de trescentos metros da liña que delimite os terreos de dominio público marítimo-terrestre. A realización de fogueiras é outra das prohibicións expresas. Situacións, case todas elas, que se dan nos montes que hai no acceso ao castro sonense de Baroña.

Relacionadas
Los usuarios se manifiestan
«No hacemos ruido, el monte está limpio y lo respetamos»
Posicionamiento municipal
«Hay que empezar a concienciar»

0 comentarios: