28 agosto 2011

A censura é outra cousa

Xa nos tardaba que non se nos criticase por non publicar 10 comentarios que entraron ao unísono o día 23. Isto é sinal de que o crítico é autor cando menos de dous porque fala en plural e tamén afirmamos isto, porque estamos seguros que non foi casualidade o sitio elixido para facelo. Neste caso si que lle damos entrada ao seu comentario, aínda que a súa crítica recaia sobre nós, aguantamos esa e moitas máis, pero o que non vamos a consentir é que pola nosa culpa se lle falte ó respecto a outras persoas con claros síntomas de desprestixialas. Se o queren facer usen outros medios ou creen unha páxina a propósito como fai moita xente.

Aclarado isto, queremos destacar unha curiosidade destes comentarios, todos teñen parecidas ou idénticas faltas de ortografía. Agora para que se intuía un pouco de porque non se publicaron, censura é outra cousa, só nos limitamos a copialos e pegalos, excluíndo as partes que motivaron que non se publicase ningún deles, acompañados do noso punto de vista. Insistimos para que se nos entenda ben, o motivo de non publicalos non é o que pegamos, se non o que queda sen publicar.

Antes de nada tamén debemos explicarlle ao impaciente anónimo que curiosamente o sistema redirixiu todos ese comentarios directamente á carpeta de SPAM, supoñemos que debido a que todos entraron con escasa diferencia de tempo. Xeralmente pasan directamente a SPAM aqueles comentarios demasiado longos ou que engaden un enlace. A nosa labor cando detectamos un é comprobalo e se non hai nada que o impida, publicámolo sen máis. Aquí é doado tirala pedra e agochala man, pero entendemos que non cumpriron o que estipulamos para

Participar na páxina

3.- Se eliminará cualquier comentario insultante, injurioso, calumnioso, o malintencionado.
4.- Sabemos lo que significa la libertad de expresión que garantiza la Constitución, y qué límites tiene ese derecho como cualquier otro.

Primeiro
as peores festas da historia de portosin, por multiples cousas. - Que mala memoria.
1 as orquestas malas como a fame. Curiosamente o primeiro comentario nesta entrada fala moi ben da mesma que o ano pasado tamén estivo nas nas festas do Carme de O Son.
a comisión pide a uns veciños e outros nn. - Descoñecemos ese dato.
Nin houbo gaiteiros, nin bombas - Non habería gaiteiros pero si que houbo banda de música e charangas e algúns foguetes escoitaronse.
Dun cuarto parágrafo non podemos extraer nada, nin debemos.

Segundo
Só unha liña con vinte e oito frases, nas que se falta ao respecto a unha persoa.

Terceiro
Tres liñas, segue faltándoselle á mesma persoa e ademais cun ton demasiado ameazante.

Cuarto
que verguenza de fiestas ni siquiera la banda de musica acompañando a la virgen en su percorrido maritimo ni en su percorrido a pie. no¡i tampoco el concierto de la banda - Omitimos o resto do comentario, que termina por dúas veces con unha frase que un expresidente fixo famosa no Parlamento español contra outro ex.

Quinto
Igual que aconteceu co comentario nesta entrada que a súa autora se viu obrigada a rectificar, aquí atribuíselle verbas acusadoras ao organizador das festas contra os patróns (quen o escribe da a entender que é un deles ou familiar).
la culpa ya es del armador que salió con el barco y dio dinero... - Que pegada tan forte deixou aquel expresidente, porque volve a saír a mesma frase de marras.
y para el año que viene como aga usted las fiestas ni chica le doi ni por barco ni por casa ni por nada. porque en boca callada no entran moscas. Polo que sabemos se non fose por este veciño, Portosín quedaríase sen festas, aínda que á vista dos comentarios igual é  do que se trata. Sempre foi moito mellor criticar que arrimalo ombreiro.

Sexto
misa de campaña no porto xa non queremos que sexa na lonxa outra vez... e o recinto foi pequeno, a xente fora non escoita, o barco da santa non estivo presente e un logo etc q nn vou dicir... por respecto a xente que nn pensa igual que min... que vergonza misa fora xa. ao mismo que plenos pola tarde xa - ¿Que terá que ver a festa coa política?.

Sétimo
non poña bostede sardiñada popular cando cobra cinco euros - Este foi así de corto, pero falseando a verdade. Ao igual que outros anos, por exemplo cando a organizaba a confraría, sempre se cobrou un prezo simbólico pola xerra típica, acompañada da empanada que se servía xunto coas sardiñas, xa que obrigatoriamente era preciso pasar antes pola fila onde se cobraba? As restantes veces que se pasaba a por sardiñas, xa eran totalmente gratis.

Octavo
que se entere todo o mundo os fogos, ao igual que todo que respecta a misa do carmen foi pagada pola confraria. por eso os fogos estiveron tan ben... - ¿Quen se lembra dos do ano pasado?. Aínda que non recollemos o comentario, ¿si que nos preguntamos por que ese afán de menosprezar a outras parroquias?.

Noveno
mais bale un dia ou dous bos de festa, que tres malos e catibos... hai que aprender a pedir e facer festa boas... - Suponse que por iso o ano pasado se adiantaron e levou as críticas que levou. Pedir e doado de aprender, agora que se a xente non é xenerosa as comisións milagres non poden facer. Tamén suprimimos moito do comentario, porque curiosamente coma no caso anterior de novo se menospreza á mesma aldea, coma se Portosín fose o embigo. A xente que ateigou os tres días o peirao e non había sitio para poder sentarse nos bares do entorno, ¡que máis queremos?.

Decimo
a non xe sabia que as festas de portosin xa fosen. eu pensei que foran as do carme que as de portosin son as do inverno. antes de actuar hai que mirar e saber non poñer nos carteles burradas como portosin cando son as festas do carmen de portosin non portosin... ¿...? Hasta isto, o cartel das festas do Carme de O Son sempre pon iso: Festas de Porto do Son e non parece que a xente se rasgue as vestiduras.

Pódese e ás veces incluso e bo facer unha crítica, pero sempre e cando esta sexa construtiva, porque se é para destruílo que con boa intención emprenden algúns, mellor estar calados ou como mínimo, identificarse.

0 comentarios: