22 agosto 2011

Los campistas que continúen en Baroña serán denunciados


:logo-lvg: | Barbanza

A Garda Civil recordou aos turistas o fin de semana o risco de sanción

A erradicación do campismo nos montes próximos ao castro de Baroña é unha batalla que tanto o Concello de Porto do Son como a Xunta de Galicia están dispostos a lograr, si ou si, coa axuda dos corpos de seguridade. Os que máis se están implicando ata o momento en facer cumprir a lei son os axentes do Seprona, que durante o fin de semana regresaron a este espazo protexido para notificar unha vez máis aos turistas que aínda permanecen asentados neste monte que serán sancionados no caso de prolongar a súa estadía.

O alcalde sonense Luís Oujo desvelou que o sábado os axentes percorreron o monte para solicitar a todos os campistas o DNI co obxectivo de facer un censo que permita coñecer cantos campistas hai neste espazo. Ademais, notificóuselles que no caso de permanecer neste terreo ao finalizar a xornada de onte, iniciarían o trámite de denuncias sancionadoras por incumprir a normativa vixente sobre acampada libre. O rexedor popular sonense asegurou que a vontade de todas as partes implicadas é facer cumprir a norma, e para iso colaborarán tanto a Garda Civil, como a Policía Local e Autonómica.

Outro dos argumentos que recordaban no equipo de goberno local para erradicar este exercicio, é que a superficie onde se realiza a acampada, do mesmo xeito que o castro, é ben de interese cultural (BIC), e o campismo non está permitido. E aínda que é certo que o expediente que catalogará como BIC esta icona barbancesa aínda non está aprobado pola Xunta, máis certo é que unha vez iniciado a incoación do expediente, o ben xa queda blindado. Unha situación que agora mesmo se dá neste asentamento castrexo.

Relacionadas
El plan especial, otra ley prohibitoria
Avanzando

0 comentarios: