16 agosto 2011

Los vándalos arrancaron la señalización que prohíbe el campismo en Baroña

La primera imagen se realizó el viernes. La segunda fue tomada ayer por la mañana

:logo-lvg: | Barbanza

O alcalde sonense reunirase coa Garda Civil e a Policía Local para buscar unha solución canto antes

A práctica do campismo libre é un debate que este verán se ha recrudecido no monte que se atopa no perímetro do castro de Baroña. Trátase dun espazo no que tradicionalmente se consentiu esta práctica e que caluga contou coa sinalización que especificaba a súa prohibición. Pero esta situación cambiou o venres, cando o Concello de Porto do Son colocou no acceso a este monte unha sinalización que ao longo do fin de semana foi arrincada polos vándalos.

Ningunha das persoas consultadas onte neste cámping improvisado aseguraron ver nada desde o venres nin coñecer o paradoiro da cartelería. Cabe dicir que os operarios municipais colocaron estes sinais nas árbores e a unha altura considerable, o que complicaba o seu acceso se se carecía dunha escaleira de certas dimensións.

Consecuencias

O executivo local, a través do seu máximo representante, Luís Oujo, explicou onte dunha forma rotunda que non permitirán que esta situación se prolongue. Para iso, Oujo desvelou que organizará unha reunión coa Policía Local e a Garda Civil para coordinar patrullas que vixíen este espazo. «Colocaremos outra vez a sinalización e non permitiremos que ninguén rete á autoridade», explicou o alcalde popular.

Mentres, a patronal sonense, que hai varias semanas transmitiu as queixas dos hostaleiros ao Concello por esta situación irregular, situouse onte a través do seu máximo representante, Demetrio Gundín, ao coñecer os actos vandálicos. Este asegurou que a solución pasa por unha regulación a nivel autonómico: «O Concello de Porto do Son pode ser o primeiro en pór unha pica en Flandes para protexer o medio ambiente, que é o noso maior tesouro».

Relacionada
Incumplir la norma y retar a la autoridad
El Concello de O Son pedirá ayuda a la Xunta para resolver el caos de Baroña

0 comentarios: