20 agosto 2011

La fauna de la ría al descubierto


:logo-lvg: | Barbanza

José Aldrey, secretario do Grupo de Estudo do Medio Mariño (GEMM), foi o encargado onte de presentar a súa asociación no Club Náutico de Ribeira. Para clarificar o labor dos seus doce membros expuxéronse 22 fotografías submarinas baixo o título de Paraísos non tan lonxanos. Estas recollen numerosas especies da ría de Arousa.

O obxectivo dos seus máis de cen inmersións é «realizar un inventario coa fauna da nosa ría e catalogala para dala a coñecer», dixo José Aldrey. Tras o acto, Bruno Almón, tesoureiro e mergullador profesional do Che, explicou o contido de todas as imaxes á vintena de turistas que acudiron á inauguración. Estes puideron observar medusas, raias, cabalos e arañas de mar. O presidente da entidade, Jacinto Pérez, mencionou a dificultade de capturar aos animais e as diferenzas que presentan cos existentes no mar Mediterráneo.

Exitosa traxectoria

O grupo leva traballando xa desde abril de 2010 e grazas ás súas investigacións en bioloxía mariña publicou artigos científicos e participado en congresos internacionais. «Tamén colaboramos coas universidades de Santiago, California e Marsella para descubrir novas especies de Galicia e de España», dixo José Aldrey.

As fotos estarán expostas no Club Náutico de Ribeira ata setembro. «Ademais mostrarémolas en Boiro, A Pobra e Porto do Son», afirmou Aldrey.

0 comentarios: