:logo-lvg: | Barbanza
O requirimento realizado na mañá do xoves por persoal da Xunta, acompañado por axentes do Seprona, para que os campistas que ocupan o monte de Baroña desaloxase este espazo caeu en saco en roto. Os traballadores da Consellería de Cultura e Turismo comunicaron que a ocupación deste monte era ilegal e que tiñan un prazo de 24 horas para abandonar o recinto arboledo.
O intervalo anunciado finalizou na xornada de onte e ao peche desta edición aínda se podían ver no piñeiral a máis dunha ducia de tendas que desatenderon o requirimento da Administración autonómica e as autoridades.
Pasear durante a xornada de onte por este monte do perímetro do castro, servía para calibrar o malestar dos campistas, que recoñecían abertamente non compartir a esixencia da Xunta apoiada desde o Concello. Un parecer que decidiron pór en práctica ao volver pasar esta noite no monte.
Todas as fontes consultadas aseguraron que durante o día de onte nin os traballadores da Xunta nin o Seprona visitaron este espazo, tal e como anunciaran 24 horas antes, para comprobar que o requirimento se facía efectivo.
O alcalde sonense, Luís Oujo, confesaba a súa sorpresa a última hora da tarde polos feitos e dicía que o luns se poría en contacto coa Consellería de Cultura e Turismo para tomar as medidas necesarias.

1 comentarios:
!!Vergonza debería darlle a un Rexedor enterarse polos medios de comunicación do requerimento de abandono do presunto campismo ilegal no Castro.Síntoma da preocupación que ten polo tema.Simplemente o que se busca é encher unha nova.......coma se non houbese máis temas que preocuparse neste Concello.!!!! Que vaian mirar coma están as praias de San Pedro(hai un arroás que leva máis de quince días varado na area da praia da Sarrosa e...¿onde están as brigadas de limpeza das praias???? porque soamente o argazo descomposto leva días varado na praia.....isto é o menos importante......!!!O QUE HAI QUE VER!!!!.
Publicar un comentario