:logo-lvg: | Barbanza
O conxunto boirense sairá este ano con todo o persoal renovado
A Federación Galega de Fútbol realizou o sorteo do calendario da Preferente Autonómica de fútbol feminino para a presente campaña. A liga arrinca o 4 de setembro e a comarca barbancesa estará representada por tres conxuntos, o Boiro, o Aguiño e o Portosín. Pero o bombo xa deparou a primeira sorpresa. As mozas do Portosín, que dirixe Carlos Lorenzo, reciben na primeira xornada a un conxunto boirense que estivo a piques de non saír este ano.
Pola súa banda, o Xuventude Aguiño terá que desprazarse á cancha do San Mateo para inaugurar a tempada.
Primeira cita
A segunda xornada tamén deparou outro duelo comarcal. Mentres que o Boiro enfrontarase en casa ao Casabranca, os aguiñenses recibirán no campo da Tasca ás deportistas sonenses. O primeiro enfrontamento entre o Boiro e o Aguiño terá lugar o 16 de outubro, na localidade boirense.
Son 16 os conxuntos que participan nesta categoría, incluídos os tres barbanceses e que son: Coruxo, Lavadores, O Val, Sárdoma, Bértola, Orzán, Barbadás, San Mateo, Val do Ulla, Choco, Casabranca, Atlético Arousá B e Unión Guardesa. A liga rematará o 24 de maio.
A primeira volta acaba o 11 de decembro e o Boiro recibirá en casa ao San Mateo, mentres que o Aguiño xogará na Tasca contra o Barbadás. O Portosín visitará ao Bértola
As aspiracións dos tres conxuntos barbanceses nesta liga son moi distintas. E é que o Xuventude Aguiño volverá, un ano máis, a intentar o ascenso a categoría nacional, pois por potencial e historial teñen equipo para loitar pola parte alta da táboa.
Pola súa banda, os obxectivos do conxunto sonense son ben distintos, pois a súa intención é manter a categoría. Cun dos orzamentos máis baixos, a súa intención é agradar aos seus seguidores e seguir en Preferente.
A incógnita desta tempada é o Boiro. O cadro de persoal é completamente novo, xa que todas as xogadoras do ano pasado abandonaron o club para formar outro novo.

0 comentarios:
Publicar un comentario