11 agosto 2011

Sardinas

| Barbanza

Úlas aquelas sardiñas? ¿Que corrente levoullas polo mar abaixo? Talvez a vostede pasoulle o mesmo ultimamente. Fai sete ou oito anos, sete ou oito veráns cos seus San Xoán correspondentes, nos que a sardiña debería, se fose unha sardiña decente e de proveito, mollar ou pan, pero tal milagre non acontece.

Aquelas sardiñas asadas que un sostiña polo rabo cunha man mentres que coa outra cun lixeiro xesto de dous dedos descamisábaas, non ven por estes pagos desde hai moito tempo. Non só iso. A calidade da vianda decaeu e poderíase dicir que se trata doutra especie máis brava, grande e espiñenta.

A xouba permanece inalterable nas rías, con medalla de ouro para a rianxeira, pero a sardiña que bailaba a súa danza de prata nos amenceres do peirao de Portosín, emigrou sen deixar teléfono nin dirección.

Desmíntame por favor se sabe vostede dela, porque estou a desexar acariñar o seu lombo, cheirar como un amante tolo a súa pel tostada pola brasa, bicar as súas adentros e embriagarme co seu aroma voluble como o fume das grellas que en calquera praia, a calquera hora, ascendía aos ceos como un sacrificio de agradecemento aos deuses.

Estas sardiñas de hoxe coáronnos o timo da estampita e no canto de billetes de banco atopámonos/atopámosnos con recortes da sección de anuncios por palabras de xornais atrasados. Oín polos diques que a dinamita espantou a aquelas, as máis listas da clase, e aquí quedaron as do pelotón dos torpes.

Tamén hai quen achaca a fuxida daquel tesouro, ao agasallo viscoso e negro que nos deixou o Prestige á porta de casa. A saber?con fe escribo este reclamo desesperado por ver se alguén sabe de Dona Sardiña e remíteme un plano do tesouro na seguridade de que partirei de inmediato aínda que a ruta léveme ao mismísimo inferno.

Related Posts:

  • 12 PM es mediodia, y 12 AM es media noche De todas formas algo no me cuadra, Sr. Administrador, mi escrito figura del 23 de Marzo a las 12,26 AM y la respuesta a las 07:35AM. Díficil que alguién emitiese una contestación antes que yo hiciese el comentario. Tomo nota… Read More
  • Pleno Ordinario 18 de novembro de 2011 El pleno del viernes más que una sesión para resolver asuntos de vital importancia para Porto do Son, para algunos fue la prolongación de sus mitines aprovechando que estaban presentes las cámaras de las televisiones locales… Read More
  • A censura é outra cousaXa nos tardaba que non se nos criticase por non publicar 10 comentarios que entraron ao unísono o día 23. Isto é sinal de que o crítico é autor cando menos de dous porque fala en plural e tamén afirmamos isto, porque estamos … Read More
  • Pleno Ordinario 26 de abril de 2012 Otro pleno que nuevamente se aprovecha por cada partido para arrimar el ascua a su sardina, o lo que es lo mismo, llevar sus mitines al salón noble. En esta ocasión creemos que lo hicieron para aprovechar la presencia de tan… Read More
  • Un conto árabe:logo-lvg: | Barbanza O ladrillo de barro xa era un material construtivo fai moitos séculos, quedando vestixios tan salientables como a Gran Muralla China de fai uns dous mil cincocentos anos. Hoxe en día é un controvertido m… Read More

0 comentarios: