16 enero 2011

Francisco Lorenzo Mariño


:lvg: | 16/1/2011
Aguiño honrou a dous dos seus grandes personaxes

Aguiño estivo esta fin de semana moi preto de dous dos seus grandes personaxes: o desaparecido e querido párroco Francisco Lorenzo Mariño e o teólogo Andrés Torres Queiruga. O venres, organizada pola entidade que leva o nome do falecido sacerdote aguiñés, houbo unha mesa redonda en torno á figura de Torres Queiruga, na que el mesmo participou. Foi unha velada de palabras. De verbas para honrar a un dos nomes propios da historia viva de Galicia.
Empezou falando Unai González, presidente do colectivo organizador. Dixo que Torres Queiruga leva sempre consigo o nome de Aguiño e fixo un breve perfil del. Logo, deulle paso a Engracia Vidal, secretaria da asociación Encrucillada. Ela destacou a importancia do teólogo no contexto da historia galega, lembrou que escribiu 75 libros traducidos a 15 idiomas distintos. Tamén lle agradeceu que inculcase na Igrexa «a idea dunha Igrexa galega».
Posteriormente, falou Manuel Dourado, que lembrou como, no momento no que tivo unha crise de fe, coñeceu ao teólogo aguiñés. Ante uns cen espectadores, contou anécdotas e desvelou as claves da grande amizade que os une.
Tamén tiveron palabras para Torres Queiruga, para Francisco Lorenzo e para a entidade organizadora os representantes do Concello que se deron cita en Aguiño. Acudiron os concelleiros Luciano Fernández e Esther Patiño. Torres Queiruga, moi emocionado, agradeceu a homenaxe e mostrouse encantado de ser profeta na súa terra.
Onte, os actos culturais continuaron. Con motivo do aniversario da morte do párroco Francisco Lorenzo, unha comitiva desprazouse ata o cemiterio de Porto do Son, onde se fixo unha ofrenda floral e soou música. Concretamente, o himno do Antigo Reino de Galicia e Queixumes dos pinos.


:ecg: | 16/01/2011
Aguiño recuerda con una ofrenda a Lorenzo Mariño

Vecinos de la parroquia ribeirense de Aguiño celebraron ayer una ofrenda floral en el cementerio de O Son en recuerdo del que fue párroco de su localidad, Francisco Lorenzo Mariño, en el séptimo aniversario de su muerte.
Tras la ofrenda se leyó un manifiesto como homenaje a su figura y actuó el grupo de gaitas A Gandaina de Palmeira. Posteriormente se representó en el conservatorio de Aguiño la obra de teatro O meu home tolea, a cargo de la compañía Ad Libitum, de Ferrol. Los actos en recuerdo de Lorenzo Mariño continuarán hoy con una misa en la iglesia del Carmen de Aguiño a las 18.00 horas y el posterior concierto que ofrecerá la coral polifónica municipal de Ribeira, dirigida por Enrique Paisal.
Los actos están organizados por la asociación cultural que lleva el nombre del fallecido párroco. La programación incluye también una muestra de teatro aficionado.


:ecg: | 16/01/2011
Homenaje en Oroso y Son

Pocas satisfacciones tan gratas puede brindar la vida como aquellas que hoy se relatan en Área de Compostela y que dan cuenta de sendos homenajes sucedidos en Oroso y Porto do Son. En el primer caso, al ex funcionario José Daniel Liste, que recibió la insignia de oro del municipio, y en el otro, al fallecido hace siete años cura de la localidad ribeirense de Aguiño, Lorenzo Mariño, a quien se sigue recordando y queriendo. Profetas en su tierra, supieron ganarse el aplauso y admiración de sus vecinos.

0 comentarios: