:lvg: | 21/1/2011
Corría a década dos noventa cando un grupo de pais e nais de alumnos do colexio Santa Irene de Porto do Son, capitaneados por Manuel Mariño del Río, se animaban a poñer en marcha unha compañía de teatro afeccionado. Eran os comezos de Queixumes, unha agrupación que este domingo estreará a súa décimo quinta obra: Vostede pode ser un asasino.
Aínda que cando se embarcaron nesta aventura cultural, as aspiracións destes pais eran máis ambiciosas, co paso do tempo fóronse reducindo: «Empezamos un grupo de adultos formando unha compañía pero, de xeito paralelo, naceu tamén un grupo infantil. Era moito traballo e este desapareceu», explicou Mariño.
Pero os adultos continuaron e conseguiron estrear unha obra por ano, entre elas, algún clásico de Shakespeare e Castelao. Queixumes chegou a reunir en algunha destas escenificacións a case unha vintena de afeccionados ao teatro. A última aposta da compañía de Porto do Son é un texto de Alfonso Paso, unha comedia que o domingo, ás 19.00 horas, se estreará na casa de cultura da localidade.
Nesta representación participan oito persoas, que levan un ano ensaiando: «O certo é que, nesta ocasión, non se acadou o número de actores desexado, sobre todo a nivel masculino. Tanto foi así que eu teño que actuar por vez primeira, pois sempre me dediquei ás funcións de dirección e preparación do escenario», manifestou Manuel Mariño.
Iso si, os actores que son están moi animados, pois trátase dunha obra dirixida a todos os públicos, de case dúas horas de duración, na que hai humor, pero tamén intriga. Despois do primeiro pase en Porto do Son, a intención dos membros de Queixumes é iniciar unha xira polo resto de casas de cultura do municipio e incluso facer algunha que outra escapada aos concellos limítrofes: «Temos que aproveitar o esforzo feito ao longo do último ano e tratar de sacarlle partido escénico cun número destacado de funcións», explicou o director.
Como estes veciños son afeccionados pero incansables, están xa pensando no vindeiro reto ao que se van enfrontar, pois pretenden compatibilizar as representacións con ensaios dunha nova montaxe. Aseguran que o seu obxectivo non é outro que romper coa rutina diaria.

0 comentarios:
Publicar un comentario