:lvg: | 19/1/2011
Alumnos de cuarto de ESO do instituto de Porto do Son viaxarán a Soria entre o 22 e o 28 de maio para profundar na figura de Antonio Machado. Este centro é un dos catro colexios galegos elixidos para participar nas Rutas literarias que puxo en marcha o Ministerio de Educación, en colaboración coa Xunta de Galicia.
A coordinación deste proxecto no instituto sonense corre a cargo da mestra de lingua e literatura Begoña Louzao: «Pareceunos unha idea bastante apetecible e elaboramos un proxecto. É a primeira vez que o facemos e estamos moi contentos polo feito de que nos seleccionaran para esta iniciativa». Os rapaces colaborarán con estudantes doutras vilas e poderán gozar in situ de obras literarias e mesmo traballos arquitectónicos.
Traballo previo
Previamente á viaxe, os alumnos xa están traballando sobre Machado, estudando Soria e relacionando este escritor con outros autores galegos. Unha vez que estean na vila castelá, realizarán diversas actividades vencelladas coa obra que fixo este home nesa cidade.
«O obxectivo desta actividade é potenciar o hábito lector dos alumnos, que eles mesmos coñezan outras culturas e cidades distintas e fomentar a cooperación e a convivencia con outros estudantes», afirmou Begoña Louzao. Despois de todo este traballo, realizarase unha posta en común.

0 comentarios:
Publicar un comentario