06 agosto 2013

Un taller de emprego formará a 24 parados de O Son e Ribeira

O Concello de Porto do Son e Ribeira compartirán o taller de emprego Tahume no que se formarán e conseguirán un contrato laboral 24 persoas en paro de ambos municipios na especialidade de carpintería e albañilería. Invertiranse preto de 10 millóns de euros nesta convocatoria para poñer en marcha 50 proxectos como este obradoiro en toda Galicia do que se van beneficiar 1.300 galegos.

Tamén anunciouse a firma dun próximo convenio para a construcción da primeira escola infantil pública da localidade, que constará de tres unidades e 41 prazas. Xa están libres as instalacións e agora só falta que a seguridade Social nos ceda o edificio. Preténdese que esté libre no curso 2014-2015.

Por outra parte Beatriz Mato avanzou que no último trimestre do ano iniciaranse obras de mellora nas instalacións do Campamento juvenil Virxe do Loreto. Os traballos suporán unha inversión de 100.000 euros e consistirán na instalación de paneis solares térmicos, o aumento de accesibilidade do centro e en melloras no almacén e peche do recinto porque enténdese que é preciso que os nosos mozos teñan as mellores condicións de habitabilidade.



0 comentarios: