19 agosto 2013

Un respiro para os coidadores de Terras

:logo-ecg: | Terras de Santiago

O servizo que presta a Consellería de Traballo e Benestar está dispoñible en fins de semana ou quincenas // Os solicitantes deben achegar unha porcentaxe dos custos

Contribuír a que os coidadores principais das persoas dependentes dispoñan duns días libres para o descanso, o ocio ou solventar asuntos pendentes é o que se pretende dende a Consellería de Traballo e Benestar co Programa de Respiro Familiar. Os seus maiores estarán atendidos debidamente nun centro residencial mentres que o coidador pode gozar dunha fin de semana ou dunha quincena para adicar ao que máis precise neses intres.

Segundo este programa, todas aquelas persoas cuxa dependencia estea recoñecida pola devandita Consellería ou así o acrediten outros informes médicos e sociais, poden acollerse a esta axuda. Alén deste requisito, residir en Galicia tamén é preciso, así como non padecer certas enfermidades en estado agudo ou terminal, como son trastornos mentais ou conductuais graves e non compensados que poidan alterar a convivencia.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Q sea : los que tengan urgencia de descanso porque el dependiente aulla constantemente que se jodan...los que tengan dependientes discretos pueden ir a "una sardinada " ( si llevan las sardinas)
YO