:lvg: | 29/3/2011
Fai uns días recibín unha desas chamadas que agora se usan moito para venderche algo. Neste caso un servizo de alerta de estar sendo notificado nalgún dos diarios oficiais das 52 provincias españolas por haberche posto unha multa de tráfico algunha das 104 administracións do noso estado composto, que di o Tribunal Constitucional, e que eu, coa pouca liberdade que aínda non nos quitaron, cualifico de descomposto. No caso de ser multa da Garda Civil, no Testra. Rimbombante, ¿non si?. Son as siglas de Tablón Edictal de Sanciones de Tráfico que se atopa na web.
Como a chamante mo puxera moi cru ocorréuseme buscar asesoramento legal nun deses despachos de avogados que, por un módico prezo, se pode contratar cunha póliza de seguro, o que é moi aconsellable. Efectivamente, as novas normas de tráfico en materia de multas son moi preocupantes. Para que se me entenda, a gravidade do tema non está na autovía de Barbanza, senón na carretera de Ribeira a Porto do Son.
Logo de ler e reler media ducia de artigos das modificacións da lei de tráfico cheguei a varias conclusións. A primeira é coincidente con moitos opinadores de que nin se trata de aforrar combustible nin de salvagardar a nosa seguridade. Trátase de recadar pola tremenda.
O cadro de sancións do Anexo IV establece que ten tanta perigosidade circular entre 71 e 80 quilómetros por hora que entre 181 a 190, xa que a multa nos dous casos é de 500 euros e perda de seis puntos. Logo hai o artigo 72.l, que di que no caso de procedementos xudiciais aínda que o xuíz entenda que unha infracción de tráfico non é constitutiva de delito a multa segue adiante. ¡Aforremos, fóra o poder xudicial!.
Expresado así, poderíase entender que estou en contra das multas. Non, sempre e cando sexan as disuasorias de sempre, proporcionais e se respecte o dereito de defensa. Co que non estou de acordo é coa presunción de veracidade da policía e coido que tamén habería que graduar os importes á capacidade económica do infractor.

0 comentarios:
Publicar un comentario