:lvg: | 10/3/2011
No ano 2003, o Concello de Porto do Son decidiu poñer en marcha unha interesante iniciativa de carácter cultural: crear unha colección de libros nos que se fixera un repaso pola historia do municipio a través de escritores que plasmaron nas súas obras aspectos relacionados co municipio. Así naceron os Cartafol, unha serie cuxo número sete ven de ver a luz. A autora dese volume, dedicado a Álvaro Cunqueiro, é unha veciña de Portosín, Blanca-Ana Roig Rechou, catedrática de Literatura Galega na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago.
-¿Como se xestou a súa participación neste proxecto?
-Desde o Concello de Porto do Son fixéronme unha proposta invitándome a participar na iniciativa e teño previsto incluso repetir. A miña idea inicial era facer un Cartafol sobre Cándido Roig, quen participou na actividade cultural da zona e ten varios poemas nos que fala desta terra. O que ocorre é que como este ano se conmemora o centenario da morte de Cunqueiro, entendín que era importante reconstruír as súas interpretacións sobre Barbanza.
-Entón, ¿ten previsto repetir experiencia cun volume dedicado a Cándido Roig?
-Esa é a miña pretensión, sempre e cando sexa aceptada a idea polo Concello. Foi unha persoa que fixo resoar o nome de Portosín a nivel internacional, pois morreu nun accidente que chamou moito atención. Estaba vendo os toros na praza de Marineda da Coruña e foi alcanzado por un estoque que se lle escapou a Juan Belmonte. A maiores, fixo varias apostas literarias pola nosa terra. Outra idea que teño en mente é Álvaro de las Casas, que ten monólogos de teatro para nenos asinados en Portosín.
-Vese que a colección dos Cartafol lle interesa moito...
-O certo é que me parece unha idea estupenda. O alcalde de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez, foi o que puxo en marcha esta idea e eu coincido con el na definición que fai dela. O Cartafol é un mapa do que fomos e do que somos. É unha ferramenta fundamental para que a cidadanía saiba tamén como nos ven desde fóra.
-Vostede vai participar tamén nun proxecto de Barbantia sobre barbancesas creadoras, ¿con que texto?
-Vou colaborar neste catálogo que vai editar Barbantia cun traballo sobre Neira Vilas, é un traballo de investigación pequeno, que fixera sobre a visibilidade de Balbino e de Memorias dun neno labrego.
-De feito, non é a primeira vez que colabora nunha iniciativa de Barbanza, ¿non é así?
-Con anterioridade, participei no anuario da asociación, achegando un traballo sobre a situación da literatura infantil no Barbanza. Foi o resultado dun seminario que organizara o Concello de Porto do Son.
-A nivel xeral, ¿como cualificaría culturalmente a situación de Barbanza?
-Hai máis movemento que antes, sobre todo grazas á acción de Barbantia, que animou moito a vida cultural en distintos concellos da zona. Para min, nunca se fai o suficiente no eido cultural, iso está claro.
-¿Pensa enton que as Administracións debería apostar máis forte pola cultura?
-Debería facerse máis pola dinamización da cultura, pero penso que non deberiamos depender tanto das Administracións públicas. As asociacións, os centros de ensino e outras entidades teñen que moverse máis neste campo. Penso que aínda non hai a forza cultural suficiente nin o interese por parte da poboación.

0 comentarios:
Publicar un comentario