O conselleiro de Cultura e Turismo informou hoxe no Parlamento sobre o estado do Castro de Baroña.
Santiago.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, informou hoxe no Parlamento de Galicia do estado do Castro de Baroña (Porto do Son) e das próximas actuacións previstas neste ben arqueolóxico. Na súa intervención, o conselleiro comprometeuse a que "dentro deste primeiro cuadrimestre de 2011, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, incoará o expediente de declaración de Ben de Interese Cultural do Castro de Baroña", feito que permitirá que a declaración BIC sexa efectiva antes de que finalice o presente ano.
Roberto Varela tamén anunciou que ao longo deste ano 2011 vanse levar a cabo diferentes traballos de mantemento e conservación naquelas zonas do xacemento que así o precisen, de acordo co disposto no Plan Especial de protección do Castro de Baroña. Varela asegurou que "se está a respectar o recollido no Plan Especial que, en relación a área de protección do Castro, contempla que -mentres non se redacte un Plan Director- as únicas obras autorizables serán aquelas que teñan un carácter urxente, en razón do mantemento e conservación do xacemento". De todos xeitos, o conselleiro recordou que "o Castro é de titularidade estatal, polo que , con independencia da nosa actuación, o primeiro deber e obriga de conservalo corresponde ao seu propietario".
O titular de Cultura e Turismo salientou que, despois de 14 anos sen actuacións arqueolóxicas no seu ámbito, a Secretaría Xeral para o Turismo, encargou no ano 2010 un estudo de Levantamento topográfico, documentación e estado actual do Castro de Baroña. Segundo o conselleiro, "a documentación recompilada neste estudo nos permite valorar o estado actual do xacemento de cara a tomar as medidas que teñan un carácter urxente, e garante dispor da información básica para o futuro Plan Director previsto no Plan Especial, a realizar no prazo de 2 anos".
A memoria deste estudo foi presentada á Consellería recentemente, e nela recóllese a documentación dos traballos levados a cabo, que consisten na documentación gráfica e fotográfica actualizada do Castro e dun levantamento topográfico detallado e xeo-referenciado. Asemade, elaboráronse fichas de rexistro individualizadas, que recollen o grao de conservación de cada unha das estruturas, as súas patoloxías e os axentes de alteración. En concreto, no estudo se resaltan como dous tipos de axentes de impacto: os naturais, como a erosión mariña a longo prazo, ou a chuvia e o vento nas superficies descarnadas; e os antrópicos, sobre todo causados nas zonas de tránsito das visitas masivas, e por actitudes agresivas ou de vandalismo.
O estudo destaca o carácter de conservación estable da maior parte das estruturas consolidadas nas campañas dos anos 80 e 90. Estruturas denominadas no documento ‘estabilizadas’, que constitúen a maior parte do xacemento e nas que non se identificaron afeccións que supoñan un perigo para a súa conservación. Nas conclusións, tan só se indican seis zonas puntuais de ‘impacto crítico’, sobre todo de estruturas que non foron obxecto de consolidación nesas campañas e na zona de entrada, a de máis tránsito, e que serán fundamentalmente aquelas sobre as que se vai a actuar este ano. Segundo o conselleiro, "con estas actuacións queda perfectamente garantida a protección e conservación deste ben senlleiro do noso patrimonio".
Roberto Varela recordou que "nestes dous primeiros anos de lexislatura vimos de promover 270 intervencións en xacementos espallados por todo o noso territorio", como as realizadas no Castro de Viladonga, no Castro de Formigueiros, na Ermida de San Guillerme, no Xacemento romano de Cidadela ou no Castro das Barreiras. Nesta liña, Varela apuntou que a pesar do actual contexto de contención do gasto público autonómico, "no 2010 realizáronse máis intervencións sobre o patrimonio arqueolóxico galego que, por exemplo, nos anos 2005 ou 2008, nos que a conxuntura económica era moito máis favorable".
Relacionadas:
A Xunta declara BIC o Castro da Cidá de Borneiro, en Cabana de Bergantiños
O Consello da Xunta declara Ben de Interese Cultural o Castro da Cidá de Saceda en Cualedro (Ourense)
Disculpen que siga insistiendo, pero no se que me da ver ahora tan "preocupados" al PSdeG-PSOE y al señor alcalde por el castro y antes tan callados.
31-08-2007: Vinte castros galegos serán declarados Bens de Interese Cultural