29 mayo 2013

Visita xogadores do CAB Obradoiro


O día 27 de maio, as 17:30 os nenos do CEIP de Portosín, tiveron o pracer de disfrutar dunha xornada de convivencia e promoción do deporte do baloncesto cos xogadores profesionais do CAB Obradoiro, Levon Kendall e William Budford.

Estas xornadas enmárcanse en base ó convenio de colaboración firmado entre o Concello de Porto do Son e CAB Obradoiro. Os rapaces do Clube Baloncesto Porto do Son, así como os demáis nenos e pais que tiveron a ben acudir á cita gozaron con diversos xogos, firma de autógrafos, rolda de preguntas, fotos cos deportistas...

Dende a Concellería de Turismo e Deportes queremos agradecer tanto ó Clube como os xogadores a súa colaboración, accesibilidade e amabilidade da que fixeron gala os xogadores e da que disfrutaron tanto os pais coma os nenos nesta xornada tan especial.

Se desexan ver máis fotos da visita, poden dispor delas na seguinte páxina web: www.cbportodoson.blogspot.com

0 comentarios: