:logo-lvg: | Barbanza
Outros tantos concellos están a estudar se contratan ou non persoal
Medio Rural pretende recuperar as antigas brigadas municipais de incendios; uns equipos que desapareceron cando a Xunta asumiu a competencia en materia de lumes. Desde Santiago proponse aos concellos formar cuadrillas para traballar na prevención e extinción de incendios pagadas na súa maior parte pola propia consellería pero para as que os concellos teñen que pór tamén diñeiro. De momento, só catro concellos de Barbanza, Muros e Noia teñen decidido que van acollerse ao plan. Son Ribeira, Porto do Son, Lousame, Boiro e A Pobra.
Esta proposta, a de crear as cuadrillas municipais, estalla trasladando aos alcaldes e concelleiros a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Docampo, que o martes lles explicou o plan aos municipios do distrito forestal quinto, que é o que corresponde a concellos como Mazaricos, Carnota e Muros. Así mesmo, Docampo presentoulles onte en Lousame esa mesma proposta aos concellos do distrito cuarto, ao que pertencen todos os concellos de Barbanza e Noia.
Ferramenta
Docampo díxolles que coa creación destas brigadas dáselles «unha ferramenta para loitar contra os lumes, un mal que é responsabilidade de todos». E, tras escoitala, hai alcaldes que sacaron unha conclusión e outros a oposta. Coincide que quen ven ben a iniciativa autonómica son do PP e quen a critican, doutra cor política. Os primeiros din que a Xunta lles está dando a oportunidade de, por pouco diñeiro, contratar equipos para facer rozas e labores de prevención, aínda que logo tamén se dediquen á extinción. E os segundos sinalan que o que pretende a consellería é que as Administracións locais cofinancien unhas brigadas que debe pagar exclusivamente a Xunta. Moitos teñen dúbidas sobre o problema de competencias que isto supón ou de como se lle busca encaixe orzamentario a estas alturas.
Precisamente, por esas dúbidas e algunhas outras, cinco concellos aínda están a estudar que facer. Son os de Outes, Noia, Rianxo, Mazaricos e Carnota. Os seus alcaldes sinalaron que se está mirando se é viable ou non contratar cuadrillas. E algúns rexedores dixeron que é un pouco «confuso» contratar cuadrillas para pólas ao servizo da Xunta, xa que a idea é que estes equipos complementen aos da consellería.
Os que si aceptan a proposta e prevén xa contratacións son Ribeira -dúas brigadas de cinco persoas cada unha-; A Pobra -outro par de brigadas, en principio de cinco membros-; Porto do Son -un equipo de seis- e Boiro -unha brigada, de entre catro e cinco persoas-. Muros, pola súa banda, non acepta a proposta da Xunta e desmárcase da contratación de brigadas. Os alcaldes sinalaron que para contratar unha cuadrilla os concellos teñen que pór entre 7.500 e 11.000 euros, dependendo das persoas que a integren.
De momento os concellos planean contratar a 30 brigadistas antiincendios
30
Brigadistas

0 comentarios:
Publicar un comentario