:logo-lvg: | Barbanza
Creatividade e tradición volveron a darse a man na concorrida romaría que Barbantia celebrou en Goiáns
Non amenceu o día como moitos barbanceses desexarían, pero o mal tempo non foi motivo suficiente para poñerlle freo aos veciños ávidos de cultura. Foron moitos os que decidiron plantarlle cara aos chuvascos e a unhas temperaturas pouco propias desta época do ano para sumarse ás actividades que se desenvolveron ao longo e ancho da comarca con motivo da gran Festa das Letras.
Un dos puntos quentes de Barbanza foi a finca do pazo de Goiáns. Esta paraxe foi o incomparable marco elixido, por terceiro ano consecutivo, pola asociación Barbantia para celebrar, por todo o alto, o 17 de maio. Alí, creatividade e tradición volveron a darse a man para, entre chuvieira e chuvieira, propiciar que os numerosos asistentes se empaparan de cultura.
Varias agrupacións folclóricas de música e baile encargáronse de darlle a benvida a aqueles que non se deixaron amedrentar pola inestabilidade meteorolóxica. Baixo as carpas instaladas nos arredores do pazo, que por momentos rexistraron un cheo absoluto servindo de cobixo da chuvia, apostáronse artesáns coma o rianxeiro Che Tembra, que desvelou as técnicas de modelado do ferro; ou José de Nebra, que chamou a atención do público amosando, paso a paso, o proceso de montaxe dunha gaita.
Entre libros e castros
A editorial Axóuxere e as librarías Ler, Pili e Ouse animaron cos seus postos aos presentes a mergullarse no interesante mundo da lectura. Mentres, os Amigos do Centro Arqueolóxico do Barbanza propoñían unha viaxe virtual ao pasado castrexo, a través dunha pequena pero interesante selección de pezas.
Un negocio polbeiro que se instalou tamén baixo unha carpa animou a ducias de persoas a xantar en Goiáns, aínda que a cifra de comensais seguro que sería moito maior se o tempo se tivese aliado coa Festa das Letras.
A que se desenvolveu onte nos arredores do emblemático pazo boirense foi unha romaría coma as de antes, co son das gaitas, con xogos tradicionais e cun gran xantar popular como eixos principais. Como non podía ser de outro xeito, Barbantia tamén se quixo unir á homenaxe que toda Galicia lle rendeu a Roberto Vidal Bolaño. O autor compostelán reviviu da man dos membros de Airiños, que fixeron unha lectura teatralizada de textos del, e tamén a través do espectáculo que Serafín Marcos presentou baixo o título Unha vida de teatro. Do mesmo xeito, o fotógrafo sonense Manuel Blanco trasladou ata o lugar unha colección de fotografías relacionadas co escritor ao que este ano se lle dedican as Letras Galegas.
A inoportuna chuvia escureceu o día, pero a cultura logrou brillar entre as nubes do firmamento.

0 comentarios:
Publicar un comentario