10 mayo 2013

Día das Letras Galegas

A Asociación Musical Francisco Olveira Santos, coa colaboración do Grupo de Baile e Música Tradicional Queixucas, creado nos anos 90 pola ANPA AS FURNAS do C.E.I.P de Xuño, imos celebrar un concerto conxunto o vindeiro venres 17 de Maio na Casa de Cultura de Xuño que empezará ás 18:00 horas.

O concerto terá dúas partes ben diferenciadas, unha primeira onde os rapaces de Queixucas volverán a tocar e bailar despois de case 15 anos, e unha segunda parte na que a Banda de Música de Caamaño ofrecerá unha actuación na que interpretaran obras de compositores galegos. Ademais participará a semente da banda, os nenos da Escola de Música que ten en marcha a ANPA AS FURNAS.

Neste acto presentarase a todos os asistentes a nova Asociación nada a partir dos músicos da Banda de Caamaño e que pretende integrar a todos os amantes da música do Barbanza.

Como non podía ser doutra maneira contamos ca colaboración do Concello que pon a nosa disposición todos os seus medios.

Para esta Asociación é un orgullo invitarvos a participar de este acto e esperamos contar coa vosa presencia.

Un saúdo

Manel Santos

Presidente Asoc. Musical Francisco Olveira Santos

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Vaia por diante que non son amigo da Semana Santa, outros tampouco presumindo de ser ateos, pero ben que aproveitan eses días festivos.
Gústame a música de todo tipo, pero penso que nesta ocasión a banda de Caamaño, comete un erro, porque como ben sabemos os actos da Semana Santa organízaos unha confraría, coa que colabora o Concello, non solo este ano, se non en anteriores, pero é a primeira vez que se critica este feito.

É certo que nun principio o seu presidente apuntou ben.
Manel Santos Cameán: Banda de Santiago, Banda de Brión e Banda de Caldas de Reis. Nin sequera un "sitiño pequeno" para a Banda de Caamaño. ESO É, "MERCA NO TEU CONCELLO" bravo y bien pola Cofradía da Semana Santa do Son. Eso é apoio para os nosos. Bravo.

Na segunda xa non tanto.

Manel Santos Cameán: O da casa non gusta como o de fora ... Pero despois piden que vaiamos as súas procesións, que merquemos nas súas tendas, ou que cenemos nos seus restaurantes. Que esperen por min. Xa me fartei de ser correcto. Nos habemos ser os mesmos sin ir tocar a Semana Santa que organiza a Cofradía e na que colabora o Concello de Porto do Son.

Polo menos aquí deixa ben claro, que algúns gobernos que pasaron nestes últimos dez anos, ningún contou con eles para as procesións da Semana Santa, algo que todos que fixeron críticas parece que non repararon neste dato: Banda de Caamaño Vou comentar co perfil da Banda de Caamaño, como presidente da Asociación Musical Francisco Olveira Santos. En ningún momento se comenta nada do noso Concello, Manel Jose Manuel Dean Pouso, é ben certo que desde que Lois Oujo e alcalde do Son a Banda de Caamaño volveu a tocar nas festas patronais de Porto do Son. Tamén é certo que, o meu entender, o deber de un Concello é potenciar a cultura da nosa propia veciñanza. Por eso non considero nada fora do común que o Concello apoie a contratación de grupos culturais do noso propio Concello. Por eso non temos queixa polo apoio do Concello. Si solo tocásemos no noso Concello non levariamos 103 anos tocando sin fallo. Pero tamén é moi certo que si por algún fora desapareceriamos hoxe mesmo. É triste que non se valore o traballo de un home que toda a súa vida dedicou a ensinar a cultura musical galega. É por eso que a todos nos nos chirría que os que piden que "se merque no noso" Concello leven máis de 10 anos sin contar con nos para a Súa Semana Santa. Nos seguiremos facendo Concertos gratuitos por todo o Concello, seguiremos ca nosa Escola de música colaborando ca ANPA AS FURNAS. SEGUIREMOS LOITANDO POLA CULTURA MÚSICAL DA NOSA TERRA. Firmado por Manel Santos Cameán

Despois temos, parece que polo apelido, un familiar que comparte esta opinión. Supoño que tamén compartiría cando non fai tanto se queixaban de que non cóntanse con eles nas festas patronais de Xuño.

Por favor, non mesturemos a música coa política.

Anónimo dijo...

O que para mín resultou unha sorpresa da Semana Santa foi cando chegue a tomar o café o bar habitual de Portosín o pasado sábado e atópome con toda unha páxina de "El Correo Gallego" para anunciar a presentación do pregón da Semana Santa. ¿Cómo non se paroveita toda esa páxina para o horario dos actos litúrxicos?, foi o que pensei. O domingo vexo, en "La Voz de Galicia", media páxina, precisamente, dando a coñecerlos horarios dos principais actos na parroquia de San Vicente de Noal. Xa non entro en detalles pero, si a "Voz" é moitísimo máis importante e con moita máis tirada de exemplares que o "Cooreo" ¿por qué faise ó revés o anuncio?. Polo menos no meu modesto entender. Claro que si unha fose mal pensada diría que o anuncio do "Correo" é para "pagar o favor", como dicía unha persoa nesa cafetería, dun artículo do xoves donde lle chamaban de todo a Asunción Torres menos guapa. Artículo no que se chegaba a dicir que o goberno municipal do PP "tuvo que apoyarse en una alternativa vecinal", O xornalista non se enterou, ou fíxoo a "mala leche" que o PP apoiouse nesa alterternativa (AVS) dende o momento en que pactaron elección de alcalde e districución de "premios", con dous sueldazos para os dous concelleiros de AVS... Xulguen vostedes.

Anónimo dijo...

No te olvides que en esa districución de "premios", con dous sueldazos para os dous concelleiros de AVS..., participó Asunción Torres, y que hasta que se largó con el acta del PP, comulgaba con el gobierno, aunque era rara la vez que la veíamos en las inauguraciones de cultura, que era su papel.
Y tampoco te olvides que el BNG junto con el PSOE también intentaron llegar a un acuerdo con AVS, a pesar de perder claramente las elecciones. Supongo que no llegaron a un acuerdo porque Ánxela y Pastor menos guapo, le llamaron de todo. También en su día a Torres, pero se ve que ahora comulga más con ambos ideales que con su ex partido, que la llevó al Parlamento Español y casi me atrevería a decir que era la diputada más joven.

Anónimo dijo...

http://www.portodoson.info/PXOM_PDSON/Planos/Ordenacion/Serie-O3/13-M.pdf
http://www.portodoson.info/PXOM_PDSON/Planos/Ordenacion/Serie-O3/14-M.pdf
Ahí no Pazo-Perceboy,en Nebra,hay un cacho de monte,propiedade de alguén do Correo Galego,que como se pode ver ,no novo PXOM,está incluido no Nucleo Urbano,cando antes era simplemente monte.(Habría que preguntarlle ao equipo redactor do PXOM o criterio que seguiron para incluila no Nucleo Urbano de Solo Rural.)Ou sexa,que poderá facer chalés no monte.
O da páxina anunciando a Semana Santa e un lixo comparado con eso.
Pura especulación,pago de favores,amiguismo,ou sexa CORRUPCION.

Anónimo dijo...

Que alguén se pregunte por qué o señor alcalde deixou de lado o PXOM, algún diredes que é porque está en minoría e non llo aprobarían en pleno. Digamos mais ben que o deixou aparcado dende que o PSOE o denunciou por presuntas irregularidades coma esta ou a recalificación en Arnela donde ten o seu chalet.