:logo-lvg: | Barbanza
O Concello de Porto do Son, a través da biblioteca municipal, vén de poñer en marcha un programa de intercambio gratuíto de libros no que se convida a participar a todos os veciños e que ten como obxectivos, por un lado, fomentar a lectura e, por outro, facilitar o acceso a novos títulos a persoas que, debido a súa situación económica, teñen dificultades para mercar libros que, ou ben precisan, ou simplemente desexan ler.
A iniciativa Libros para todos estará coordinada polo persoal da biblioteca, onde os interesados se poden informar. Non se trata de que os veciños doen os libros, senón que é dunha cesión temporal a un usuario que, á súa vez, presta os seus textos para que outros os poidan ler.

0 comentarios:
Publicar un comentario