16 mayo 2013

Estancias prácticas en Alemania

¿QUERES FACER ESTANCIAS PRÁCTICAS EN EMPRESAS EN ALEMANIA OU SER VOLUNTARIO EN EUROPA??

A FUNDACIÓN PAIDEIA está a desenvolver dous programas de mobilidade para mozos en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Instituto da Xuventude Española.

A IdA: programa que facilita a realización de estanzas práctico - formativas en Alemaña. O proxecto está dirixido a mellorar a integración profesional dos mozos galegos a través do intercambio e a mobilidade.
Idade entre 18 e 30 anos.
Con ou sen formación que leven polo menos 6 meses desempregados.
Prácticas laborais nos sectores ofrecidos.
Formación preparatoria, curso de alemán e actividades culturais durante a estanza, avaliación e elaboración do informe final obrigatorios.

Servizo de Voluntariado Europeo (SVE): programa que facilita aos mozos a posibilidade de vivir unha experiencia persoal única nun país distinto do seu país de residencia (todos os países da Unión Europea), realizando tarefas de voluntariado en diferentes proxectos.
Idade entre 18 e 30 anos.
Non se require formación específica.
Mozos con ganas de vivir unha experiencia diferente.
Interese en coñecer outras culturas: idiomas, costumes...
Duración: entre 6 e 12 meses.
Sen custo económico (o aloxamento, o transporte local, a manutención, diñeiro de peto están incluídos) e o 90% da viaxe ao país de acollida.
Proxectos: sociais, culturais e ambientais.

Se estás interesado/a, terá lugar un SEMINARIO INFORMATIVO o Venres 31 de Maio ás 18:00h en Auditorio da Casa da Cultura de Porto do Son.

O aforamento é limitado, polo que pregamos confirmedes asistencia ao seguinte correo electrónico: culturaportodoson@gmail.com ou no teléfono: 981767758

0 comentarios: