A Asociación Musical Francisco Olveira Santos, coa colaboración do Grupo de Baile e Música Tradicional Queixucas, creado nos anos 90 pola ANPA AS FURNAS do C.E.I.P de Xuño, imos celebrar un concerto conxunto o vindeiro venres 17 de Maio na Casa de Cultura de Xuño que empezará ás 18:00 horas.
O concerto terá dúas partes ben diferenciadas, unha primeira onde os rapaces de Queixucas volverán a tocar e bailar despois de case 15 anos, e unha segunda parte na que a Banda de Música de Caamaño ofrecerá unha actuación na que interpretaran obras de compositores galegos. Ademais participará a semente da banda, os nenos da Escola de Música que ten en marcha a ANPA AS FURNAS.
Neste acto presentarase a todos os asistentes a nova Asociación nada a partir dos músicos da Banda de Caamaño e que pretende integrar a todos os amantes da música do Barbanza.
Como non podía ser doutra maneira contamos ca colaboración do Concello que pon a nosa disposición todos os seus medios.
Para esta Asociación é un orgullo invitarvos a participar de este acto e esperamos contar coa vosa presencia.
Un saúdo
Manel Santos
Presidente Asoc. Musical Francisco Olveira Santos