:lvg: | 10/4/2011
A 42 días dos comicios, o rexedor analiza o novo escenario político sonense
«En política non se debe improvisar, e quince días de carreira política dan para pouco»
Pasear pola zona de referencia económica e social da vila sonense, o porto, serve para debuxar o trato que o alcalde deste municipio, Xoán Pastor Rodríguez, mostra aos seus veciños, que segundo asegura «é sempre mesmo, esteamos ou non en campaña».
-Está vostede ante un novo escenario político local, ¿sorprendeulle o cambio nas filas do PP?
-Non moito, os rumores de problemas e divisións internas no PP do Son eran de dominio público e os mesmos populares valoraban negativamente a xestión política do anterior alcalde.
-¿Opina que esta situación será positiva ou negativa para o goberno de coalición progresista que encabeza?
-Creo que a estas alturas, nin positiva nin negativa. Non sabemos qué proxecto ten o novo candidato nin quen logrou impoñelo tras proclamar a Manuel Tomé alcaldable. Ser produto dunha loita interna non é o mellor aval.
-¿E para o PSdeG sonense?
-O PSdeG de Porto do Son ten un candidato claro, un traballo realizado e moitos proxectos de futuro e isto non variará porque o PP cambie de candidato.
-¿Que opinión tiña do candidato do PP, Luis Oujo, como presidente da patronal sonense e veciño do concello?
-Eu teño en xeral boa opinión de todos os veciños e de Luis Oujo tamén. A valoración do seu labor como presidente da patronal deben facela os empresarios. Supoño que defenderá ben os intereses dos que o elixiron.
-¿E como candidato do PP?
-Non podo opinar, porque penso que non ten experiencia política e non sei se vai herdar parte do equipo de Tomé, nin se responde a unha vitoria de Groveiro no PP. Haberá que ver o seu equipo e o seu proxecto. En política non se debe improvisar, e quince días de carreira política dan para pouco.
-¿Cee que pode aportar máis que o seu antecesor?
-Iso é unha incógnita. Haberá que esperar a escoitarlle ideas, proxectos, opinións.
-Atendendo ao seu partido pódese dicir que pouco, ou mellor dito, nada se sabe da lista que está preparando, ¿podíanos adiantar algún nome?
-Non me gusta facer as cousas sen rumbo e con présa. O importante son os proxectos máis cás persoas e ata que a asemblea local aprobe a lista non se fará pública.
-O que si que transcendeu dende dentro da organización é que o seu compañeiro e máximo valedor, Ramón Quintáns, podería formar parte desa lista, cando el mesmo asegurou fai varios meses que a súa intención era retirarse da vida pública municipal, ¿pódenos dicir se formará ou non parte?
-Quintáns foi en xeral un bo alcalde e é un político de raza. Ninguén está exento de fallos, pero traballou moito e ben por Porto do Son. É un activo dos progresistas, aínda que soportou unha dura campaña de descualificacións inxusta. Non sei se figurará de maneira simbólica na lista, pero o partido e mais eu apreciamos o seu traballo.
-O que non se pode negar é que o nome de Quintáns ten moito peso non só no partido, senón no concello e na comarca. Incluso existe o ruxe ruxe na rúa de que vostede mentres ?non se quite de enriba ese nome? non poderá gobernar con liberdade, ¿qué pode dicir a isto?
-Xa dixen que é un home moi válido e de moita experiencia política que se debe valorar. Parece como se a experiencia e o bo labor non valesen de nada e iso é inxusto. O novo, se non ten substancia, non serve. Manteño moi boas relacións persoais e políticas con el, pero eu teño a miña forma de facer e de ser, distinta á de Quintáns. Sempre o escoitarei, pero decidirei eu co meu equipo e cos militantes.
-E aos que din iso, ¿que lles contesta?
-Que teño suficiente formación e unha experiencia xa de oito anos en política para non ser dominado por ninguén.
-Despois de dezasete meses de goberno compartido co BNG, ¿cal é a relación con eles?
-Toda coalición ten dificultades porque hai diferenzas de programa, pero en xeral houbo e hai estabilidade, colaboración e traballo realizado, ben realizado. Foi unha experiencia necesaria ante o desgoberno anterior. Aparcamos diferenzas e fomos capaces de traballar xuntos.
-E nestes comicios, ¿aspira a alcanzar a maioría absoluta?
-Desexar unha maioría absoluta é lexítimo en todo partido que se presenta ás eleccións.
«Desexar unha maioría absoluta é lexítimo en todo partido que se presenta»
Relacionada
Non me gusta facer leña da árbore caída. Hai que mirar ao futuro

1 comentarios:
-Que teño suficiente formación e unha experiencia xa de oito anos en política para non ser dominado por ninguén.
Pois vendo o Nordés, non parece que teñas tanta experiencia e non te deixes dominar por ninguén. Outro xa tería dado un golpe de autoridade.
¡Que che comen as papas na man e non te entras Juanciño!
Publicar un comentario