:lvg: | 8/4/2011
Se ben non é para ela, senón que lle chega imposto ou, mellor dito, é a todos aos que nos chega. En Barbanza, todas son María, ¿e quen de nós non ten unha na casa? Hoxe quero falar do canon da auga. Nada máis atoparme con María, estendeume un recibo; e, ao tempo que se crecía en sorpresa, dicía: «Mira, é o recibo da auga. Cada día cobran máis. ¿Tamén terás que pagar, un día, o aire co que poder respirar?». Eu sumeille as cantidades. Non daban para o total. Mais se tiña en conta a outra, que figuraba no marxe -era a do importe do lixo-, pasaba da cantidade, se ben só en catro euros. E así llo fixen saber. «Por calquera aclaración, aí o pon, dinche estes que te achegues á entidade». «Non é iso -replicou-, senón o canon da auga que consta ao pé da columna. Xa fun e xa me dixeron que iso era cousa da Xunta».
Efectivamente, ao pé da columna de conceptos constaban as tres palabras: importe, canon e Xunta. «¿E, entón, para que volver alá? Se nunca aclaran o como e por que do cobro, segundo o custe que acaden do servizo que nos fan, ¿como me van aclarar se, por xuntarse, os da Xunta teñen tamén que cobrar? De momento, quen cobraron foron eles, e seguro que tampouco se van negar a liquidar, para devolver os cartos de quen os xuntaron antes. Pero irei a comprobalo».
Non sei se lle deron razón, pero lembrei de súpeto un titular: «El BNG pide con 14.000 firmas abolir el canon del agua». Xa estamos outra vez nela. Farán o mesmo que coa escollera de Noia.
Verdades e mentiras sobre a Lei de Augas
Ante a indecente e demagóxica campaña emprendida polo BNG e o PSOE para confundir e enganar aos veciños sobre os criterios de aplicación da nova Lei de Augas, dende o Partido Popular vémonos na obriga de saír ao paso para rebatir un por un todos os infundios e as mentiras divulgadas durante os últimos meses e aclarar dunha vez por todas a única realidade desta nova normativa.Aquí vos deixamos un decálogo coas principais verdades da Lei de Augas (das que se poden deducir tamén cales son as principais mentiras que nos últimos meses estiveron espallando o BNG e o PSOE):
Os pozos particulares non pagarán o canon da auga e as comunidades de usuarios terán un 90% de bonificación: para os usuarios que se abastezan de pozos particulares non compensará cobrarlles cantidades tan pequenas que non cubran os gastos de recadación e así aparece recollido na propia lei. Pola súa parte, a repercusión para as comunidades de usuarios será moi reducida (estimada en 0,43€ para unha vivenda de tres persoas).
Quedan exentos do pagamento os usos agrarios, gandeiros e forestais.
A lei non obriga á instalación de contadores: os usuarios que non dispoñan deles poderán acollerse a outros sistemas de estimación obxectiva. Os usos industriais terán un canon máis elevado ca os domésticos, porque pagarán en función da contaminación producida.
A lei non crea novos tributos, senón que mellora os xa existentes: o canon da auga substituirá ao actual canon de saneamento. Para os usuarios domésticos supón melloras evidentes, ao considerar o número de residentes na vivenda e ao dispoñer unha tarifa social e unha tarifa por treitos de consumo (non liñal, como ata o de agora), o que favorecerá os consumos responsables. Ademais, ata un 30% da poboación pagará menos que co actual canon de saneamento e as familias numerosas seguirán a gozar dunha bonificación do 50%. De feito, o canon que establece a Lei de Augas será o segundo máis barato de España.
A lei vai garantir a calidade e cantidade dos recursos hídricos ao conxunto da cidadanía: pretende fomentar un uso racional e sostible e un consumo responsable da auga, o que implicará unha mellora na xestión dos recursos hídricos de Galicia.
O canon establecido ten un sentido finalista: é dicir, a recadación por este concepto vai dirixida exclusivamente a mellorar o abastecemento, saneamento e depuración dos concellos de Galicia.
Esta normativa resolve un problema municipal: é evidente que os concellos non poden ser alleos a unha medida imprescindible para proporcionar os recursos destinados ao saneamento e á depuración. De feito, a lei foi consultada coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), entidade coa que se chegaron a manter tres reunións oficiais.
A Lei da Auga está en liña coa normativa europea: cumpre cos obxectivos definidos na Directiva Marco da Auga, que están orientados a lograr o bo estado ecolóxico das augas para o ano 2015, baseándose en catro principios fundamentais: a sostibilidade, a recuperación dos custos, o non deterioro do recurso e a xestión participativa.
Esta nova lei é un deber e unha necesidade urxente e compartida: dende a década pasada, Galicia tiña o deber de pór en marcha unha lei para cumprir a directiva europea da auga, na procura de financiar as infraestruturas que precisa para abastecemento e saneamento. O goberno bipartito (PSdeG-BNG) iniciou os primeiros traballos cun borrador da Lei de Augas no que se contemplaban ata catro tributos, dos cales un era universal e aplicable tanto ás comunidades de usuarios como ás captacións particulares. O actual Goberno da Xunta de Galicia propúxose cumprir coa devandita obriga e impulsou a nova Lei de Augas, que se axusta máis ás necesidades e pecualiariedades tanto da rexión como dos seus habitantes e que ten un carácter moito menos impositivo.
O canon da auga é universal e, polo tanto, aplícase en todas as comunidades autónomas: rexións como Cataluña, Valencia, Asturias, Baleares, Aragón, Cantabria, A Rioxa, Navarra ou País Vasco dispoñen, ao igual que Galicia, dun marco normativo que aplica os catro principios europeos para a xestión da auga: a sostibilidade, a recuperación de custos, o non deterioro do recurso e a xestión participativa.

El tiempo nos dirá quien miente y tergiversa sobre la Lei de Augas de Galicia.
0 comentarios:
Publicar un comentario