29 noviembre 2012

POSTA A PUNTO DO COLEXIO SANTA IRENE


NOVAS FIESTRAS E PARQUE INFANTIL NO COLEXIO SANTA IRENE

O Concello de Porto do Son, levou a cabo unha obra de mellora enerxética no colexio Santa Irene

O colexio que conta con máis de 300 alumnos comezou este curso escolar con novas fiestras.

A obra subvencionada parcialmente polo INEGA tivo como finalidade mellorar a habitabilidade das aulas e a eficiencia enerxética:

1.- Evitar os puentes térmicos xerados antes polas caixas das persianas

2.- Evitar as condensacións superficiais

3.- E polo tanto protexer o ambiente interior contra a humidade.

Todo encamiñado a coidar a saúde dos máis pequenos

Desta forma, substituíronse as fiestras antigas de corredera por unhas con marco de PVC e dobre acristalamento de apertura tradicional

Tamén se instalou un novo parque infantil formado por un multixogo, dous balancíns e un trepa de polurietano de alta densidade. Todo instalado sobre un pavimento de caucho continuo de colores.

0 comentarios: