13 noviembre 2012

A outra cara do Prestige

Hoxe conmemorase o desastre do Prestige, e toda esquerda, nacionalistas incluídos, falan e falan, pero adía de hoxe, nin dende o Estado, nin dende a Xunta de Galicia, a mesma que aquí gobernaron conxuntamente PSOE e BNG, fixeron nada para poder evitar outro desastre coma ese.

O PP, tanto a nivel do goberno central, como da Xunta, fallaron estrepitosamente, pero non debemos esquecer que con un goberno socialista en Madrid, e aquí co bipartito, tamén se dedicaron a pasear un mercante, creo que levaba unha carga tóxica, menos mal que non era un petroleiro, nin pasou polos temporais que colleu o Prestige.

Di Beiras neste enlace, que os de sécano non son quen de distinguir un pescador dun mariñeiro, pero permítanme que dubide que el, e os políticos de aquí e por suposto os de acolá, saiban destinxir o que é o mar en calma chicha ou a mar arborada, que había cando o Prestige pasaba polas nosas costas. A saber as veces que pasou.

Despois veu o intento do BNG en maior medida, e do PSOE, de sacarlle un rendemento electoral, que o PP contrarrestou con indemnizacións sen xeito, cobrándoas presuntamente xente que nin era mariñeiro ou mariscador, pero que, como tiñan unha gamela, foron que de preparalos papeis aínda estando a traballar a miles de quilómetros de Galicia.

Tamén fomos quen de de ver como ese mesmos políticos cando xurdiu espontaneamente a marea humana, os voluntarios, trataron de sumarse e facerse ver para a foto. Uns voluntarios que nalgúns pobos incluso eran mal visto, porque para os mariñeiros sen escrúpulos, canto máis durase a crise, máis tempo podía botar a cobrar e sen pegar pancada, porque esa foi outra, moitos non baixaron ás praias a botar unha man.

E que dicir dun pobo que ao ano seguinte de ter cinco días de festa, pasaron a ter seis, ou como algúns xa estaban pedindo outro Prestige.

Dez anos despois da catástrofe, ¿sabería alguén sinalar que medidas se tomaron para evitar outra catástrofe? ¿Cantas barreiras antipolución temos nos nosos portos? ¿Cantos remolcadores se prometeron construir e cantos se fixeron? Etc.

Non debemos esquecer que seguen navegado petroleiros monocasco, pero até o buque máis moderno pode sufrir una avaría mecánica. Nunha mar rizada non lle pasará nada, pero a 200 millas da costa con esa mar arborada que citei antes, cando cheguen alí os remolcadores, igual xa é tarde.

https://www.facebook.com/photo.php?fbid=195619697229703&set=a.184686968322976.20990.184682188323454&type=1&theater

"A cidadanía galega, e mesmo a de todo o Estado, descubría de súpeto que o Goberno español e a Xunta de Galicia carecían dun plan de medidas preventivas, de controis sobre o tránsito de buques perigosos polo corredor de Fisterra, dun plan de acción inmediata defensiva frente ao sinistro do Prestige, de buques e medios loxísticos para combater a marea negra do "chapapote", dun plan de protección civil merecente de tal nome, e mesmo de protección ningunha de ningunha caste frente á adversidade"...

"Nin sequera saben quén somos e o que somos. Chámannos pescadores. Pescadores son os que pescan con cana nas rochas. Nós somos mariñeiros. É que España non ten costas?" - dicía un neno da Costa da Morte en Tele5 -.

"Un goberno que non saben quén son e o qué son os cidadáns que ten que defender, que non coñece a súa identidade e a súa condición, é un goberno alleo e alienado dos cidadáns, é un goberno de alieníxenas.

Os cidadáns galegos descubriron todo iso, e percibiron subitamente o sentido exacto, o rigor semántico, o significado preciso da definición de Galiza como nación sen Estado: nin o tiña propio, e até a Xunta demitía do seu poder autónomo, nin funcionaba como Estado dos cidadáns galegos o que pretendía e dicía ser o seu.

Os cidadáns comprobaran que durante trinta anos, dende a catástrofe do Polycomander no 1970, até esta de agora do Prestige, sucedéranse no Estado gobernos franquistas, centristas, socialistas e pepeístas, e que todos eles mantiveran indefensas as costas galegas, o seu ecosistema e a economía das xentes mariñeiras"...

"Só ficaron loitando os cidadáns que son galegos sen máis, sen teren que ser coma outro, senón seren simplemente, valentemente, cidadáns galegos. Por iso bradaban en Compostela pedindo a súa demisión [a de Fraga], e mais a dos gobernos en plural, ou sexa o español e o galego"...

"É a cidadanía galega a protagonista, son os galegos e galegas de nación os que, sen pretendelo, asumiron o protagonismo da acción dramática, ao asumiren por si mesmos as responsabilidades das que as institucións políticas, centrais e autonómicas, fixeron deixación e abandono.

Fallou o Estado e emerxeu a nación". BEIRAS, XOSÉ MANUEL (2003): A catástrofe do Prestige. Laiovento.

Voluntario
13/11/2012
13:01:08

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Por Sara, lleva dos años en el paro y sin ninguna ayuda: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/11/13/psoe-anima-video-secundar-huelga-general-14-n/00031352789233123375573.htm

Pobre Sara, quedouse no paro cos socialistas no goberno, seguramente por culpa daquela reforma laboral que fixeron, e agora dende a oposición prométenlle o milagre e úsana para animarnos a ir á folga.

Ata para mentir son ruíns: O PP leva once meses no goberno.

Tamén quero deixar patente aquí, que mañá vou a traballar porque non me sinto representado polo meu sindicato, a CIG, que nesta ocasión, ao contrario que outros sindicatos nacionalistas, aliouse con sindicatos españolistas. Si, eses que se van de vacacións coma os potentados e locen reloxos de ouro.

A soberbia é un mal común: fai menos dun mes criticaban ao partido de Beiras por ir con españolistas, e agora eles fan o mesmo. Vivir para crer.

Anónimo dijo...

O problema non é quén gobernaba cando quedou no paro Sara, o problema é que cos estes que nos gobernan agora non vai ter nina mínima oportunidade de atopar un novo traballo.
Unha pregunta ¿Fuches a anterior folga? dígoo porque si a anterior reforma laboral xa era jodida para todos, esta é unha sentencia para os que están no paro e para os que de momento ainda teñen traballo.
Gustaríame que algún dos votantes do PP tivera collóns a intentar defender agora estas políticas igual que o facían antes

Anónimo dijo...

Espera que me aclare, queres dicirme que coa anterior reforma do PSOE, a pobre Sara tiña mellores oportunidades para atopar un novo traballo? Afina máis fino.
Lémbrate que segundo o vídeo, antes de gobernar o PP xa levaba no paro 13 meses, o que ben a confirmar que se non atopou traballo non foi pola reforma do PP, aínda que poidas ser que agora o teña máis cru.
Si, fun a anterior folga, e queres saber onde acabamos logo da manifestación? nun bar, dirixentes do sindicato e do partido afín. Ou estamos de folga ou non estamos, pero iso de facerlle piquetes a outros negocios e logo celebralo éxito da folga cuns pinchos e un chatos como que non.
Os votantes, pero sobre todo os militantes e simpatizantes do PP e do PSOE, bailan ao son que lles marca o partido. Cando foi da anterior reforma laboral e da suba do IVE, os do PSOE calarian e os do PP, protestarían, só que agora déronlle a volta á tortilla.

Anónimo dijo...

Ayer trabajé como cualquier otro día y el personal de mis empresas lo mismo. En mis empresas siempre he dado libertad para acogerse a ese derecho y tengo que decir que en otras ocasiones alguno de ellos ha hecho uso de él, sin ningún tipo de cortapisa o represalia por mi parte; pues bien en esta ocasión me sorprendió que ninguno de ellos lo solicitara, por lo que como en otras ocasiones les pedí los motivos, el más veterano y nacionalista para más identidadme dicjo claramente: mira Concha porque no me representan, porque no encuentro lógico esto, que nos han robado, sí, que nos están estafando también pero que con huelgas no salimos también. Pues eso coincide con mi idea de la situación porque las personas sensatas no somos tan diferentes y lo que no está bien no puede cambiarse por mil razones que se den. Sin en una familia con todos en paro y uno trabajando se decide ir a la huelga, puede ocurrir que todos se queden en el paro. Pues en el pais es lo mismo si ya estamos jodidos y nos lanzamos a una carrera hacia ninguna parte pues la del lorito" nos jodimos todos". Nadie más reivindicativa que una servidora, por algo me llamaban " la revolucionaria", pero no es el momento, ahora toca arrimar el hombro, exigiendo responsabiidades a quienes nos han llevado a donde estamos, levantar el país y luego cuando esto esté mejor ahí si ahí tendremos que volver a reivindicar lo que ahora nos han quitado, pero si pedimos lo que no nos pueden dar y lo hacemos hundiendo más la economía, la nuestra pues así sólo iremos de cabeza hacia el precipicio y ejemplos los tenemos próximos Grecia por un lado e Islandia por otro, en un extremo la bancarrota y en el otro la salida acelerada de la crisis.
En nuestras manos está.
Fdo: Concepción Lavid

Anónimo dijo...

Home, si ahora hai mais parados será porque é mais jodido encontrar traballo ahora ¿non?.
Mira, aqui non se trata de defender a un ou a outro, estas son medidas derivadas das imposicións de Europa, pero está claro que a uns cóstalle mais aplicalas e intentan minimizar as consecuencias e outros aplicanas con gusto porque que adaptan bastante ben á súa ideoloxía e ás súas intencións (encubertas).
Simpatizante, militante ou o que sexa dun partido, eu fun ás dúas, e irei as que veñan, porque me manifesto contra unha determinada situación.
Descalificar a todo un sindicato ou colectivo polo que fan algúns dos seus integrantes/dirixentes é tan absurdo como calificar de fascistas aos do PP, algún hai, pero non definen o que é hoxe o partido.

Anónimo dijo...

E dalle que si o PP o fai peor que o PSOE, ou viceversa, soio entendo esto si é que comedes de algunha forma de un ou de outro...os que non temos soldada de un partido seamos sensatos e imparciales. Eu lle pediria a señora Concepcion Lavid, que me parece a mais enterada de este foro, (e o digo con todos os respetos os demais) que explique o que fixerón en Islandia pa salir da crise. Eu soio fago o resumo, colleron o toro polos cornos e xusgarón a culpables o sexa politicos de turno e banqueiros, de feito alguns escaparon si non estaban no carcere.

Anónimo dijo...

Querido anónimo de las 18:9 me pone ud en grave aprieto porque ud ya lo ha resumido muy bien y yo no soy economista pero algo he leidoy me he interesado. Es curioso que la crisis de allí tenga grandes silimitudes con la aqui en lo que a la crisis inmobiliaria y bancaria se refiere. Creo que el fondo es el mismo la especulación aunque en España se añade además la corrupción política.
Cada vez más nos movemos en un mundo globalizado donde los GRANDES manejan los hilos de la economía, situando a la población como meras marionetas de sus abusos no sin antes haber creado en ellos la ambición por un consumo desaforado. A diferencia de aquí los islandeses tienen un clima que les ha ayudado, demasiadas horas a oscuras buenas para pensar, aquí las terrazas de los bares hasta altas horas de la noche invitan m´s al ocio que al pensamiento. La banca islandesa se hipotecó hasta cuotas imposibles, aquí sólo las Cajas pues Santander y BBVA o Banco Popular, que son los grandes han aguantado el envite como empresas privadas que son. Aquí las cajas gobernadas por los políticos de turno y los sindicatos sólo pensaban en cobrar sueldos multimillonarios de unpatrimonio de todos y ahora el gobierno pretende que el pueblo lo pague. Allí no, allí se dicidió que los bancos quebrasen, se nacionalizaron y el Estado le dijo a los especuladores, alemanes y estadounidenses, entre otros, si quereis cobrar hacemos a la quita, un 70%.; qué diferente aquí se le pedía la quita a los proveedores de las administraciones para cobrar antes; Allí se pidió un rescate pero se llevó a los banqueros y a los políticos a los tribunales y se embargaron sus patrimonios y es cierto se hicieron recortes entre la población pero también se dieron por pagadas hipotecas abusivas o de viviendas con las que se había especulado en el precio.
En definitiva que si aquí se hiciesen manifestaciones o huelgas por defender algo así yo me apuntaría, pero todas las huelgas que aquí se hacen es para más de lo mismo para volver al sistema que teníamos, sin darnos cuenta de que ese sistema está acabado y que es ruinoso. A mi gusta aprender y creo firmemente que otra forma de hacer las cosas es posible pero habrá que hacer limpieza previamente, limpieza en las ideas y en la forma de aplicarlas y cuando se dice que la política es una profesión es que no hemos aprendido nada. La política debe ser un acto de servicio a los demás con las mismas remuneraciones que el político tendría en su vida profesional, todo lo demás es un agravio comparativo a sus conciudadanos.
No se si he conseguido explicarme pero los tecnicismos no son los mío por lo que si alguién tiene interés en saber más sobre la resolución de la crisis en Islandia puede consultar en internet, afortunadamente hoy en día tenemos esa gran herramienta que nos permite estar enterados de todo lo que ocurre en cualquier lugar del mundo.
Fdo: Concepción Lavid

Anónimo dijo...

Aquí no hemos juzgado a un Fabra por hacer un aeropuerto para palomas, ni se ha investigado su suerte en la lotería; tampoco la construcción del aeropuerto de León para gloria de ZP y puede que para su cementerio; Aquí no se ha investigado a ningún sindicalista con mansiones ni a los sindicatos por el dinero de los cursos de formación ocupacional cuyo dinero manaba de Europa; aquí los alcaldes corruptos se han ido de rositas para sus lujosas urbanizaciones; aquí un yerno del rey y su socio maldito se van a ir de rositas lo mismo que la infanta que para eso lo es mientras los administradores de las pymes respondemos con nuestro patrimonio personal; aquí no se investiga, se detiene y se embargan los bienes de los presidentes, ministros, conselleiros, consejeros corruptos, no aquí se saca en la prensa para mayor cabreo del personal de a pie y viendo que nadie paga anima a otros a seguir la senda del desfalco y de la corrupción. Aquí no se puede meter mano a todos los ladrones de las Cajas de ahorros y de Bankia porque entonces no quedaría NADIE fuera y tendrían que ampliarse las cárceles, porque los partidos han comido y bebido de esas aguas y han comido de esos manjares. Dios cuánta mierda, contra más escribo más se me revuelve el estómago.
Aquí no se puede hacer lo de Islandia porque aquí la corrupción política estaba solapada pero engordada por la corrupción bancaria, de tal manera que se actúa como la pescadilla que se muerde la cola: Se saca deuda pública, que como no la quiere nadie, la compran los bancos y las cajas a unos precios abusivos para intentar tapar sus tremendos agujeros con los intereses y con las comisiones abusivas a los clientes..... Quieren que siga? El resto ya no hay que ser adivino
Fdo: Concepción Lavid