Mostrando entradas con la etiqueta Consellería de Traballo e Benestar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Consellería de Traballo e Benestar. Mostrar todas las entradas

17 marzo 2018

A Entrevista de Traballo

04 septiembre 2015

Mañá (4-setembro) comeza o novo curso na rede autonómica ‘A Galiña Azul’ con preto de 9.300 prazas para nenos e nenas de 0-3 anos

Xunta: Notas de prensa | Muros (A Coruña), 3 de setembro de 2015

O novo curso na rede autonómica ‘A Galiña Azul’ comeza mañá cunha oferta total de preto de 9.300 prazas para nenos e nenas de 0-3 anos e a incorporación de dez novos centros. Así a rede autonómica contará neste curso cun total de 159 escolas infantís.

A oferta da Rede vese un ano máis incrementada en relación ao curso anterior. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, visitou hoxe a escola de Muros (A Coruña), unha das oito de nova creación para este curso, xunto ás de Boiro, Cambre, Malpica, Melide, Oroso, Porto do Son e Salvaterra de Miño. A estas hai que engadir as escolas de Meira e de Narón-Xuvia, que xa funcionaban como escolas municipais e agora pasan a formar parte da rede da Xunta, que acada así as 9.294 prazas, unha oferta que supón un incremento do 71 por cento respecto ás 5.430 prazas coas que contaba en abril de 2009.

Ademáis, no curso escolar 2015-2016 haberá preto de 500 novas prazas públicas de 0-3 anos financiadas con fondos da Administración autonómica a través do sistema de concerto con centros privados, unha opción que se puxo en marcha este ano por primeira vez nas sete cidades e as súas áreas de influencia.

Deste xeito, a oferta de prazas sostidas con fondos públicos complétase coas escolas municipais, as escolas dependentes de entidades de iniciativa social e doutras entidades e as máis de 1.000 prazas de cheque infantil, ata un total de preto de 20.500 prazas á disposición das familias galegas.

Con esta oferta, acádase por primeira vez a cobertura recomendada pola Unión Europea para o tramo de idade 0-3, que supón contar cunha oferta de 33 prazas para cada 100 nenos e nenas en idade de acceder a unha escola infantil.

Outras escolas en obras
O xerente do Consorcio indicou que “a posta en marcha de prazas públicas en escolas infantís de 0-3 anos é un dos obxectivos fundamentais do Plan de Dinamización Demográfica de Galicia, que conta con 69 medidas, e que pretende mellorar a conciliación da vida familiar, laboral e persoal dos galegos e galegas”.

Nesa liña, ademais do incremento no comezo do actual curso, a planificación de novas prazas que está a executar a Consellería de Traballo e Benestar inclúe actualmente oito escolas xa en construción, que suporán un total de 471 novas prazas.

Eses novos equipamentos localízanse nos concellos de Ames, Fene, Burela, Marín, Tomiño, Oza-Cesuras, A Coruña e Arteixo. Cómpre salientar que as dúas últimas están a ser construidas no marco dun convenio coa Fundación Amancio Ortega.

17 agosto 2015

Asinado o convenio para a construción dunha escola infantil de 41 prazas co Concello de Porto do Son



A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, asinaron un convenio para a construción dunha escola infantil de 41 prazas nesa localidade. 

Segundo se recolle no convenio, a obra suporá un investimento de 410.000 euros e a escola levantarase nunha parcela situada na Rúa Campo Atalaia que foi posta a disposición polo Concello para tal fin. Unha vez asinado o convenio, solicitarase a licencia municipal para comezar os traballos nas próximas semanas. 

Esta iniciativa inscríbese na aposta do Goberno galego por fomentar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. De feito, a conciliación e a creación de prazas en escolas infantís é un dos eixos principais do Plan de dinamización demográfica, que Galicia puxo en marcha de xeito pioneiro co fin de facer fronte á caída da poboación que se vén rexistrando na comunidade autónoma. 

Nese contexto, ademáis do novo centro infantil de Porto do Son, hai unhas semanas comezaron as obras de construción dunha escola infantil no Concello de Boiro, que tamén contará con 41 prazas. 

Actualmente, a rede A Galiña azul oferta preto de 8.600 prazas públicas neste curso en toda Galicia, distribuídas nun total de 147 centros, unha cifra que supón máis de 3.100 prazas que as que existían en abril de 2009 (un aumento do 58 por cento).

13 mayo 2015

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto, tramitación urxente, para contratar o servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña (campaña verán 2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Domicilio: avenida Salvador de Madariaga nº 9-1º andar, C.C. Elviña.

3º. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

4º. Teléfono: 981 18 57 10.

5º. Fax: 881 88 12 50 / 981 18 57 01.

6º. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 1.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: expediente 33/2015.

1º. Servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís de Espiñeira-Boiro, Furelos-Melide e Virxe de Loreto-Porto do Son na provincia da Coruña.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución: desde o 20 de xuño de 2015 ata o 3 de setembro de 2015, segundo os períodos relacionados no prego.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV 2008: 55000000-1, 50700000-2 e 90910000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cento oitenta e un mil trescentos oitenta e catro euros con cincuenta e cinco céntimos (181.384,55 euros). IVE (10 %): dezaoito mil cento trinta e oito euros con corenta e cinco céntimos (18.138,45 euros). Importe total: cento noventa e nove mil cincocentos vinte e tres euros (199.523,00 euros).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña.

2º. Domicilio: avenida Salvador de Madariaga nº 9-1º andar, C.C. Elviña.

3º. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

Ou calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a apertura da proposta.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: avenida Salvador de Madariaga nº 9-1º andar. C.C. Elviña. 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: a hora e data serán anunciadas con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 10,82 euros por liña).

10. Outras informacións: ver os pregos.

A Coruña, 4 de maio de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

18 febrero 2014

Los concellos recibieron cerca de 30.000 euros para actividades para los jóvenes

:logo-lvg: | Barbanza

En el marco de una línea de subvenciones concedidas por la Consellería de Traballo e Benestar para el desarrollo de actividades dirigidas a los jóvenes, los concellos de la comarca recibieron cerca de 30.000 euros en ayudas.

En concreto, la cantidad aportada por la Administración autonómica tiene como finalidad potenciar la información juvenil a través de los servicios municipales puestos en marcha por los ayuntamientos y fomentar actividades formativas y educativas, así como el asociacionismo juvenil y el uso de las nuevas tecnologías. A la mayoría de los concellos de la zona les fue consignada una partida de tres mil euros en el marco de este programa de ayudas. Se trata de los de Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Noia, Outes, Porto do Son, Rianxo y Ribeira.

Por su parte, el ayuntamiento muradano recibirá una subvención menor, que en su caso se sitúa en cerca de 1.700 euros.

En el conjunto de Galicia, la Xunta destinó a este tipo de actuaciones una partida de 700.000 euros.

19 agosto 2013

Un respiro para os coidadores de Terras

:logo-ecg: | Terras de Santiago

O servizo que presta a Consellería de Traballo e Benestar está dispoñible en fins de semana ou quincenas // Os solicitantes deben achegar unha porcentaxe dos custos

Contribuír a que os coidadores principais das persoas dependentes dispoñan duns días libres para o descanso, o ocio ou solventar asuntos pendentes é o que se pretende dende a Consellería de Traballo e Benestar co Programa de Respiro Familiar. Os seus maiores estarán atendidos debidamente nun centro residencial mentres que o coidador pode gozar dunha fin de semana ou dunha quincena para adicar ao que máis precise neses intres.

Segundo este programa, todas aquelas persoas cuxa dependencia estea recoñecida pola devandita Consellería ou así o acrediten outros informes médicos e sociais, poden acollerse a esta axuda. Alén deste requisito, residir en Galicia tamén é preciso, así como non padecer certas enfermidades en estado agudo ou terminal, como son trastornos mentais ou conductuais graves e non compensados que poidan alterar a convivencia.