Resumo da Noticia:
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a desenvolver unha planificación con criterios de eficacia, eficiencia e prudencia para a execución da variante de Portosín. Así o manifestou hoxe na súa intervención parlamentaria a directora da Axencia Galega de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que concretou que “é unha infraestrutura viaria de cara ao futuro”.
Cómpre lembrar que a Xunta no pasado mes de novembro someteu a información pública o estudo informativo e de impacto ambiental da variante de Portosín. Os interesados dispuxeron de prazo ata o 27 de decembro para formular por escrito, ante as oficinas da Axencia Galega de Infraestruturas, observacións relativas ao trazado da estrada.

0 comentarios:
Publicar un comentario