:logo-lvg: | Barbanza
Estudosos como Ana Blanco e Ramón Torrado apoian a proposta
Desde distintos puntos de Galicia érguense estes días voces que reivindican a institucionalización do 24 de febreiro como día de Rosalía de Castro, coincidindo coa data na que se conmemora o nacemento da escritora do Sar. Barbanza non é allea a esta demanda xeneralizada, ao contrario, tamén na terra irmá da que veu medrar á poetisa se considera xusta a reclamación. De feito, á espera de que a proposta se faga realidade, nesta comarca xa se levaron a cabo onte diversos actos co fin de lembrar á autora de Follas novas.
Ana Blanco, integrante da Fundación Rosalía, e os seus compañeiros da Tertulia do Tapal ofreceron un recital na casa de cultura de Porto do Son. Un cento de nenos do colexio Santa Irene escoitaron unha selección de poemas de Has de cantar e de Follas novas. Aínda que recoñeceu que este ano está habendo gran cantidade de propostas para promocionar a vida e a obra da poetisa de Padrón, Blanco sinalou que queda moito por facer: «Debería instaurarse o 24 como día de Rosalía e popularizalo moito, levalo á rúa e á xente, porque se están a dar visións interesadas e falta moito por coñecer da autora do Sar».
Coincidiu nesta apreciación o investigador Ramón Torrado, descubridor de varios poemas inéditos de Rosalía. O mestre rianxeiro participou nunha mesa redonda no instituto Virxe do Mar de Noia, xunto co presidente e o secretario da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero e Enrique Monteagudo, respectivamente. Referiuse á poetisa homenaxeada como «o noso Shakespeare ou o noso Cervantes».
Visión limitada
Ramón Torrado asegurou que, para darlle a Rosalía de Castro o lugar que se merece, queda moito por facer tanto a nivel internacional, pois «non hai traducións», como en Galicia: «Aquí, o problema é sobre todo a nivel crítico. Cada un fala de Rosalía segundo lle interesa, e considérana nacionalista, conservadora, progresista ou homosexual en función da súa óptica. Estase a dar unha imaxe moi limitada».
Nin que dicir ten que tamén para este investigador rianxeiro sería fundamental que a autora de Follas novas tivera o seu día. Opinión esta compartida polo director do Virxe do Mar, Xabier Castro: «É fundamental para as letras e para o idioma deste país»; e por Xesús Laíño, presidente de Barbantia, asociación que tamén a última hora da tarde tiña previsto celebrar un acto en lembranza de Rosalía: «Sería positivo sobre todo que o ensino celebrara o día con moita forza».
Ribeira tamén se sumou onte á conmemoración do 24 de febreiro. Trescentos escolares participaron, no auditorio municipal, nunha lectura colectiva dirixida por Alicia Padín e Santi Páramo. A Cuadrilla da Fonte Navegante, liderada por Suso Bello, ofreceu despois un concerto. Os nenos non deixaron de aplaudir e de bailar en ningún momento.

0 comentarios:
Publicar un comentario