:lvg: | 3/2/2011
Achégase o Día da Muller Traballadora, que se conmemorará o 8 de marzo, e o Concello de Porto do Son quixo adiantarse coa apertura da exposición Elas ensinan. Trátase dunha colección de paneis que a Secretaría Xeral de Igualdade montou co fin de renderlle homenaxe ás traballadoras collendo como exemplo a un grupo de 18 mestras e pedagogas que desenvolveron o seu labor en Galicia entre os século XIX e XX.
A mostra, conformada por unha serie de paneis que conteñen fotografías e información sobre as profesoras, está no Centro de Interpretación do Castro de Baroña. O acto de inauguración contou coa asistencia da secretaria xeral de Igualdade, Marta González Vázquez, que estivo acompañada pola tenente de alcalde, Ánxela Franco, e a concelleira de Servizos Sociais, Joaquina González.
Primeira parada
A través dos paneis, os veciños poderán coñecer a historia de 18 mestras galegas que compartiron o seu interese pola educación das xeracións máis novas, ás que lle serviron de modelo profesional e vital. Elas xogaron un papel transformador da sociedade, nunha época de cambio de mentalidade, na que as féminas empezaban a irromper no mercado laboral.
No acto celebrado no Son, Marta González referiuse ás mulleres que inspiraron esta exposición como persoas «innovadoras e decididas, sempre na procura de novos métodos pedagóxicos para mellorar a educación do seu alumnado por difícil que fose a situación e as características particulares de cada grupo, proporcionando a cerna para unha participación feminina máis ampla na educación superior e no mercado laboral».
Ademais dos paneis que ofrecen información sobre a vida e o traballo das mestras, a exposición complétase co acceso a unha base de datos onde se recollen as biografías de moitas profesoras galegas, co obxectivo de que o público poida obter datos sobre unha persoa en concreto ou mesmo das docentes que desenvolveron o seu labor nun concello determinado.
Esta mostra pode considerarse unha segunda parte de Elas sempre están, que plasmaba a realidade das mulleres no medio rural galego.
Aínda que a localidade sonense é a primeira parada que fai en Barbanza, esta exposición iniciou o seu percorrido por Galicia o ano pasado, recalando en 18 municipios. Ao longo do 2011 pasará por outros 22. De feito, está previsto que entre o 16 e o 28 deste mesmo mes estea a disposición dos veciños de Lousame na casa de cultura. Será a última ocasión que teñan os barbanceses de ver a mostra.

0 comentarios:
Publicar un comentario