:logo-lvg: | Barbanza
Xunta e Deputación poderían aliviar o gasto que esta actuación necesita
Trasladar o campo de Xuño para recuperar a zona privilexiada na que se localiza este espazo deportivo é un proxecto do que leva falando anos no municipio sonense. A vontade e o entendemento entre todas as partes implicadas existe desde hai tempo, sendo o único problema para a súa materialización o apartado económico. O terreo pertence ao Goberno central, que está disposto a asumir unha parte do custo, aínda que esta semana transcendeu que terá que ser o Concello o encargado de buscar o resto do financiamento para poder facer realidade toda a actuación.
As últimas novidades coñecéronse o mércores tras celebrarse unha reunión entre o responsable da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, e o alcalde, Luís Oujo. O entendemento entre ambas as Administracións é absoluto, segundo explicaba Oujo, sendo o último escollo que falta para a súa execución a parte económica: «Costas non pode asumir todo o proxecto, por iso solicitáronnos axuda para achegar o resto. Nós intentaremos, a través da Xunta e a Deputación, conseguir as partidas necesarias para poder levar a cabo a actuación e recuperar medioambientalmente unha zona tan importante como esta, situada na praia das Furnas».
O campo de fútbol de Xuño atópase aos pés do famoso e concorrido areal sonense. O proxecto inclúe a demolición do mesmo para integrar a parcela no sistema dunar, construíndo á vez un miradoiro e repoboando a vexetación orixinal. Outra idea é habilitar un aparcadoiro para que poidan estacionar de xeito ordenado os moitos utilitarios e furgonetas que acceden ata a praia. Cabe recordar que os terreos para construír o novo campo (25.000 metros cadrados) foron cedidos polos comuneiros de Xuño hai anos. Fuentes municipais informaron que as obras poderían iniciarse en menos dun ano.
Predisposición
O rexedor popular non dubidou en reiterar a predisposición de Costas a colaborar co Concello sonense, personalizada no persoa de Rafael Eimil: «Non dubidou en vir persoalmente a visitarnos para falar de todos os proxectos que temos en común. Ademais, tamén nos informou que será Costas a que asuma o custo derivado dos danos que ocasionou un temporal durante a primavera nunha pasarela, sendo a nosa responsabilidade o seu mantemento».
O encontro entre Oujo e Eimil, que tivo lugar na alcaldía, serviu tamén para falar doutros proxectos, como o traslado do colexio de Portosín e un novo plan para remodelar as pistas deportivas de Queiruga.
Relacionada
La obra de una pasarela entre O Son y Cabeiro comenzará «en breve»
Nunca es tarde cuando el fin lo justifica

3 comentarios:
No seu día a Raúl de Eliseo de Portosín chamábanlle visionario e cousas peores por pedilo traslado do Colexio e agora todos se apuntan á novidade. Primeiro o PSOE e BNG e agora o PP e AVS. Era daquela, cando lle había que facer caso porque nadabamos en abundancia, agora coa crises que estamos padecendo agardemos que o Concello non teña que poñer cartos coma en Xuño.
Con respecto á pasarela de Cabeiro, ¿por qué non poñemos unha por toda costa e así os veciños xa non teríamos que camiñar pola estrada?.
Descoñezo se o alcalde pasa polo Valo hasta á gasolineira cando hai clases, digo isto, porque a maioría de rapaces camiñan pola estrada, con beirarrúas, iso si, cando teñen o paseo que practicamente os leva directamente dende O Son hasta Noal sen saír á estrada, aínda que teñen que camiñar un cacho por unha pista apenas transitada.
¿Quen se ten que facer cargo destas infraestruturas que como se pode comezar a ver nalgunhas delas, xa piden unha actuación rápida?
quero aclarar unhas cantas cousas:
1º- quen debe asumir os custes do traslado do campo de fútbol debe ser o responsábel do terreo como xa estaba acordado fai un ano(costas do estado), e que a inversión acordada era de mais de 600.000€, e que por motivos de "crise" decidiron dar marcha atrás cando xa estaba feita a cata do terreo onde se ía ubicar o campo.
2º- na anterior lexislatura do bng-psoe onde se levaron a cabo estes traballos, tratouse de que chegar a un acordo para que parte de eses 600.000 € se empregasen no campo de fútbol do Caamaño para ser compartido a medias, xa que está localizado entre as dúas parroquias, e ao non haber entendemento decidiuse seguir adiante coa segunda ubicación que a comunidade de montes lle presentou a xunta de galicia e dou como válida
3º a cesión que tiña feita a comunidade de montes ao clube de fútbol, non era válida, porque a inversión de costas tiña que ser en terreos propiedade municipal ou nos que tivera total dispoñibilidade.
cando xa estaba a documentación preparada, a xunta de galicia non permitiu a construcción do campo de fútbol onde se tiña previsto e acordada de seu, argumentando unha inversión de prantación que tiña feito no lugar, e no caso de querer seguir adiante, a comunidade de montes tería que devolver a cantidade de 30.000€ que foi o custo aportado. tema que retrasou as negociacións no traslado do campo e que dou pé a que desde o estado deran marcha atrás.
ao cesar o que do cesar, e a deus o que é de deus.
este bi-goberno debería buscar diñeiro para levar a cabo as obras das que é responsábel. naquelas onde os responsábeis sexan outros, chámense costas do estado ou outros, deben ser eles quen asuman integramente o custo, aínda que o entendemento sexa absoluto entre ámbalas administracións.
Publicar un comentario