:logo-lvg: | Barbanza
As Xornadas de Historia e Cultura de Porto do Son presumirán nesta edición da súa icona patrimonial por excelencia, o castro de Baroña. A cita, que este ano leva por título Megalitismo, arte rupestre e cultura castrexa, ofrecerá máis dunha decena de conferencias, visitas guiadas e proxeccións audiovisuais, desde o martes e ata o venres da próxima semana.
Unha das novidades desta edición, e xa van dez, será un ruta guiada pola ría no Joaquín Vieta, desde o que os asistentes ás xornadas poderán ver o castro desde a perspectiva distinta. Contribuír a un mellor coñecemento da identidade do pobo sonense é o obxectivo do programa. O organizador, Manuel Mariño, destacou onte no acto de presentación a importancia da cita cultural, que prevé congregar a máis dun centenar de persoas. A posibilidade de obter un crédito de libre configuración, mediante un acordo coa Universidade de Santiago, animará aos estudantes a participar nunhas actividades «que costa moito organizar, pero que polo seu interese contribuirán a manter vivas as xornadas».
Continuidade
O alcalde de Porto do Son, pola súa banda, expresou a intención do Concello en seguir desenvolvendo esta iniciativa que pretende pór en valor o patrimonio do municipio. A programación inaugurarase cunha visita ás mámoas de Barbanza, que contará coas explicacións da arqueóloga Victoria Villoch. O megalitismo na comarca, a arte rupestre en Porto do Son e a pesca e o marisqueo na cultura castrexa serán outros dos temas que se tratarán nas xornadas.

0 comentarios:
Publicar un comentario