25 octubre 2011

Aclaración Homenaxe Mártires de Nebra

A raíz dalgúns comentarios verquidos nesta bitácora por varios anónimos, nalgúns casos tendenciosos e noutros faltando á verdade apostas, Francisco Calo García, promotor das homenaxes que dende o ano 2000 se-lle ven tributando a Xenerosa Vidal, Francisca Carou, Ramona Suárez, Rosa Cadórniga e Antonio Sobrado, máis coñecidos coma «os mortos da ponte de Cans», manifesta o seguinte:

É totalmente FALSO tal é como refire o anónimo do día 16 de outubro das 20:22, que o BNG celebre este acto dende fai anos ou que fose o seu promotor. É certo que naquela época militaba neste partido, pero iso non lle dá dereito a faltar á verdade. NUNCA promovín ditas homenaxes coma militante, se non coma veciño de Nebra e descendente daquela xente, de aí que XAMAIS usase símbolos nacionalistas e porque dende un principio sempre quixen que fose un ACTO ABERTO E PÚBLICO.

Unha MENTIRA non se converte en VERDADE por moito que se conte mil veces, tal e como profetizaba un tal Joseph Goebbels. Querer PRESUMIR de se-los promotores do acto e que pagase eu as flores e botarlle demasiada CARA... só me faltaba como fan agora, que enriba lles pagase a cinta co seu anagrama. É verdade que antes tamén lle poñía unha, pero SEMPRE era anónima e só levaba unha cita en lembranza das vítimas. A diferenza é substancial!!!

Tal vez o meu error foi darlles confianza a quen demostraron ao final que non a merecían. Do 2001 ó 2005 permitinlles que me imprimisen os carteis da convocatoria, que sempre eran editados polo meu fillo e que levasen o anagrama do BNG. Isto non quere dicir fosen os promotores do evento, ou si?

No ano 2006 decidín prescindir xa desa colaboración e así lles foi comunicado polo meu fillo ante a miña ausencia. Houbo xente á que non lles gustou, especialmente ó presidente da comunidade, pero unha intervención dun dos «históricos militantes» que coñece a verdade de todo isto, cortou de raíz a cuestión e aceptouse a miña decisión irrebocable.

O ano seguinte a raíz da miña baixa xa coma militante -motivada entre outras cousas porque o presidente da comunidade «de novo el polo medio» co visto e prace da Consellería do Medio Rural expropiáronlle ilegalmente un agro a meu pai con unha pista-, ante a miña ausencia de novo por motivos laborais «atopábame en Carboneras-Almeria» comunícolle á familia que non estaban «obrigados» a informalos directamente da convocatoria do acto. Iso molestoulles tanto, que incluso me chamaron á «orde» por teléfono dende a sede. A pesar de que-lles deixei ben claro que o acto seguía sendo ABERTO e que non tiña inconveniente en que se sumasen, foi cando decidiron aproveitar esa ausencia para facela súa primeira contra-homenaxe.

Con todo iso teño certas dúbidas, primeiro porque dubido que se dirixiran a algún dos descendentes para comunicarlles a súa decisión e segundo, porque non teño claro que convocou o acto, xa que a prensa non menciona explicitamente ó BNG e só di que falou o presidente da comunidade e que -no faltaron a la cita los ediles no adscritos de O Son. Eses edís eran os expulsados polo BNG por no acatalo pacto de Santiago subscrito co PSOE e por negarse a propiciala reelección de Ramón Quintáns.

O máis curioso é que o máis acérrimo defensor de que todo isto foi promovido dende un principio polo BNG, é precisamente o presidente da comunidade. Ollase que ten moi mala memoria, primeiro porque se esquece que el e outros que opinan igual non estiveron na primeira homenaxe e porque se esquece do que dixo nesta entrevista cando non me saia do «seu guión»: - ¿De quen foi a idea?
-Dun veciño de Nebra, coñecido como Paco de Martelo, que tivo que emigrar e agora vive na illa de Mallorca.


Xa o di o refrán: Onde hai papeis, calan barbas.

A única verdade que di a medias o anónimo de referencia e sobre o acto de Ramón Sampedro, aínda que o debo corrixir, agora o BNG non é o promotor da homenaxe e coido que nin tan sequera aparece o seu nome no cartel. Iso si, igual que facemos moitos, varios militantes fan acto de presencia.

Pregunta o anónimo do 13 de outubro das 11:40, por que se fan dúas homenaxes? e se non sería mellor unificalo todo nunha?...
Pola miña parte nunca houbo problema e así se fixo o ano 2008, cando se inaugurou o segundo monólito coa placa que recolle o nome das cinco persoas abatidas e unha pequena lenda dos feitos. A idea partiu Manuel Tomé, alcalde do Concello por aquel entón e despois de que falase con el para ver de resaltala beirarrúa fronte ao monólito. Ese ano era a primeira vez que un alcalde lle daba un aire institucional á homenaxe e tamén, que un militante «sacou» a bandeira nacionalista, cousa que persoalmente non me gustou nada.

Rematado o acto e xa no Bar Universal de Nebra, algúns militantes dedicáronse a descualificar a Tomé e a queixarse pola súa presencia no acto. Alí mesmo dixeron que non querían volver a coincidir outra vez con el e que non quería que se-lles fose das mans a homenaxe como lles pasou co de Ramón Sampedro. Se os actos sempre foron abertos, a qué se debía esa «carrapincha»? Querían que fose abertos só para os da súa «corda»?

O ano pasado Manuel Tomé xa non era o problema, pero aínda así deron en seguir coa súa teima. Ao seu acto asiste Xoán Pastor, en calidade de alcalde, e non se cortan un pelo en criticalas políticas do PSOE «lembre que gobernaban en coalición con dito partido» e de Feijoo. Facendo miñas unhas verbas que me comentou Pastor, que tamén acudiu ao meu acto, tamén digo que para falar da política actual teñen 364 días e 23 horas e media, polo que nesa media hora ben podían falar das cinco vítimas e dos feitos que en teoría os leva a Cans. Noutra ocasión, no antigo Chuza un asistente ao seu acto tamén se estrañou que se esquecesen das vítimas e se dedicasen a criticar a Zapatero e Feijoo.

Con este comentario coido que respondo a este anónimo, máis aos que teñen dúbidas sobre quen é o que mestura a política e mais ao que nesta outra entrada asina como Olveira, pero usando unha URL que non era da súa propiedade.

doce anos lembrándoos

24/10/2011 23:37:06
Paco do Martelo

28 comentarios:

Anónimo dijo...

Quixera felicitar a Paco do Martelo por ter a deferencia de explicar de primeira man a celebración cronolóxica das Homenaxes de Nebra e con elo aclarar e tapar bocas que o único que intentaron foi trasxiversar e contaminar a realidade dos acontecementos.Coma Concelleira do equipo de governo de Tomé, debo corroborar tódalas verbas ó respeito da actuación do governo antes indicado que son fidelinamente á ocurrencia dos feitos.Simplemente para rematar,xa vemos que tip@s de persoaxes hai dentro do BNG de Porto do Son,creo que sobran verbas para describilos.!!!Noraboa Paco e a seguir estoicamente con algo que nunca debe quedar no esquecemento e sigas sendo,coma sempre o fuches,o artífice desta lembranza!!!!!.

Anónimo dijo...

Esta mensaxe é para Julio o técnico de emprego do concello.Julio sei que vas ser un bon delegado sindical, e sei que es boa persona,non diría o mesmo das outras candidatas, como diría meu tio que é mariñeiro, non sabes con quen te metestes ó mar.

Anónimo dijo...

Xa se nota que quen escribe foi unha das Concelleiras de Tomé, o que non sabemos cal delas se a ex-deputada "Asun Torres" ou a outra que se foi pola porta de atrás "Mª Jesús Paz", dicirlle a calquera delas que governo escríbese con "B", vexo que copiaron moitos defectos do seu ex-xefe ao escribir e máis eu ata diría que este comentario foi feito por él.

Anónimo dijo...

Eu non vou entrar a valorar o que escribeu paco do martelo, mais que nada porque todo aquel que o coñece xa sabe de que pé coxea. Alá tí paco cos teus "actos". O que si quero decir, e que este acto, é un acto político, non un acto relixioso como o convocado polo antes mencionado. Hai que lembrar que estas persoas morreron por defenderen aquelo que era un atropelo por parte dos gobernantes daquela, sempre dende unha postura sindical. Aquel goberno practicaba a mesma política que agora practica tanto o psoe coma o pp. Defende aos ricos inxectadolles grandes sumas de diñeiro que son de todos os cidadáns, e polo contrario recorta aqueles servizos básicos senciais para as maiorías sociais. Polo tanto neste tipo de actos e normal que se mencionen a estes partidos que coas súas políticas poden chegar a desecadear acontecemento fatales coma este.
Animo a xente que lea o libro, "Nebra historia dunha infamia" do veciño de Nebra, Xerardo Días Fenández, axudará a coñecer un pouco mais desta historia, e ao mesmo tempo deseguro que teremos outro tipo de opinión ao respecto.

Anónimo dijo...

¡Que valentes son algúns dende o anonimato!. É boa verdade que a ruindade e a covardía dalgunha xente non ten nome.
¿Como vai a ser capaz alguén que se agocha tras un anónimo entrar a valoralo que escribiu ese veciño?, se o único que fai é saltarlle directamente á chepa. Sen coñecelo xa me fío máis del por un pequeno detalle: el é quen de dala cara sabendo que seguramente habería xente á que non lle ía gustar que se saiba a verdade.
Escapábaseme. Observando que partido se salva da queima, case me atrevería a poñerlle nome á procedencia do comentario.

Anónimo dijo...

Vaia obsesión que teñen algúns con Manuel Tomé. Hasta ma atrevería a dicir que soñan con el. Pero homiño/mulleriña de Deus, que Tomé agora é un cidadán máis.
Se é verdade que ese comentario o escribiu unha concelleira de Tomé, como afirma, non hai que ser moi listo para poñerlles nome, xa que só eran dúas, agora que asegurar que o escribiu o propio Tomé xa é darse de adiviño. Non serás a bruxa Lola?.

Arben dijo...

No meu caso, se coxeo é pola neglixencia de varios doutores e un inspector, no seu, como non son capaz de pórlle cara, déixoo para que o xulguen os demais. Por certo, non é dun pé, é dun xeonllo.

Trata vostede de trabucar á xente e faino a sabendas, por iso deixa caer que só os políticos tendes dereito a homenaxealos. Entón explíquelles porque calou cando comecei coas homenaxes.

Mire, o noso non é un acto relixioso en si como aduce, se non unha homenaxe que como reflicte o programa, consta de misa e ofrenda floral. Por certo, no primeiro acto e onde participan máis veciños e familiares. Redundando no tema, era o que me faltaba ler que coma familiares da vítimas non podamos decidir por nós como debemos honralos e que intente marcárnolo camiño un de fora. Iso sóame a tempos pasados, non cree?

Non terxiverse tampouco a realidade dos feitos, algo que acontece con demasiada xente e nalgunha web ou bitácora, esas vítimas non tiveron nada que ver cos foros e non eran políticos, nin sindicalistas. Polo tanto coma familiares e veciños creemos que temos tanto ou máis dereito a homenaxealos que un partido ou un sindicato que daquela nin tan sequera existían. Por certo, por educación deberon contactar antes con calquera dos familiares e non ir pola "súa" conta. Non cree?

Postos a falar de atropelos non fai falla que retroceda a aqueles tempos, como digo na entrada, o cometido contra meu pai e varios veciños aconteceu fai cinco anos, e non foi cousa do clero, nin do PP... ou do PSOE, se non polo BNG e un dos seus militantes, por medio da "súa" Consellería do Medio Rural. Iso si que foi roubarlle terreos e madeira a uns pobres para ego duns poucos, algo que non lles aconteceu nin cando foi da Ditadura. Por imperativo legal teño que antepoñela palabra "presuntamente", aínda que a pista lles atravese os agros e os arbores desapareceron: http://nebra-nebra.blogspot.com/2008/05/expropiacion-ilegal.html

Non sei de onde sacou vostede que Xerardo Díaz Fernández fose de Nebra. Ata onde sei, naceu no Son e seu pai era o secretario do Xulgado, e súa nai, mestra. O libro esta ben, pero no meu caso tiven o privilexio de coñecela opinión dos feitos contada por quen o viviu en primeira persoa.

Anónimo dijo...

Cuando alguien no tiene argumentos con los que defender su posición, esta claro que buscará ampararse en disculpas banales y en esto la gente del Bloque son unos perfectos especialistas. Tal y como deja entrever con todo descaro este señor, o señora, los familiares de esos cinco labradores no están "legitimados, capacitados o autorizados por su partido" para homenajear a sus muertos, ya que solo ellos tienen ese "poder divino". Tengo escuchado y leído demasiadas tonterías, pero esta supera cualquiera anterior.
Anónimo de las 13:42, ¿podría sacarnos de dudas y decirnos a que partido o sección sindical pertenecía el vecino Ramón Sampedro?.
Ya metidos en camisa de once varas, porque si tan malo o ruin es el PSOE, ¿por qué "corren" en su busca cuando se trata de asegurarse un trozo de poder y seguramente, un buen sueldo?.
Antes de criticar la "casa" de los demás, procuren arreglar la suya que buena falta les hace.

Anónimo dijo...

Hai algo que non entendo de todo isto, se tal e como dicía o BNG na súa páxina era un acto aberto, porque sae agora este anónimo dicindo que en realidade é un acto político, no que expón con pelos e sinais que van a criticar única i exclusivamente ao psoe e pp.
Entón perdoen que lles diga pero iso non é un "acto aberto", se non un acto partidista feito a conciencia enriba dunha ponte onde cinco veciños de Nebra nos deron a todos unha lección de unión, algo que dubido podamos atopar entre esta xente. O BNG o único que pretende e dividir, aos comentarios dese anónimo me remito, xa que están vetando a presenza de xente doutros partidos.
Saquen a careta e digan claramente que iso é un mitin, nin máis, nin menos.

Anónimo dijo...

Se é un acto "político" ¿por qué mesturan á comunidade de montes?
XA postos a seguir coas preguntas, dúas máis. ¿Por qué os políticos copan as asociacións de veciños, ANPAS, Clubs de Fútbol, comunidades de montes, etc?. ¿Tamén son entidades políticas?

Anónimo dijo...

Me parece una ruindad y una falta de higiene democrática que alguien, sobre todo si anda metido en política se esconda tras un anónimo para desprestigiar a una persona, en este caso supuestamente a un excompañero que siempre que se expresó públicamente firmó sus escritos con su nombre de pila o mote, a pesar de que segundo usted "cojee". Desde luego sin poder ponerte nombre ya me fio más de él. Digo excompañero porque para quien no lo sepa militó muchos años en el BNG, y creo que fue más de un vez en sus listas. Lo que si perdí fue la cuenta de las veces que lo teníais en la escuela a controlarnos el voto, cosa que no crítico porque los demás también lo hacían.
Tengo una duda ¿Hablaron con sus familias para preguntarles si querían un acto político o religioso? O ya se creen con más derechos a decidir por ellos, como en la Dictadura. Digo esto porque su acto, que tanto ensalza no vemos a los descendientes y en los de Paco, si. Esto ya lo debería hacer recapacitar. Infórmese del emotivo homenaje tributado hace uno días a siete ribeirenses fusilados en 1937. Vamos, como en Nebra.
En lo único que coincidimos es que, en Cans los vecinos murieron por defender un derecho, pero, ¿donde estaba su familia cuando solos luchaban por todos los vecinos del Ayuntamiento?, ¿Escondidos? Ahora es fácil venir desde Noia, Miñortos, Beneso, etc,"a lucir una bandera que podemos ver en una foto del blog de Paco, pero en Miñortos, nadie defendió a su vecino cuando le requisaron una vaca, y la Guardia Civil antes de llegar a Cans, pasó Beneso.
En cuanto al tema de la misa recuerde que están enterrados en un cementerio religioso, como un destacado militante del BNG. Avilés de Taramancos, así que su actitud muy diplomática, por segunda vez se lo digo, no me parece. Negarle ese derecho y respectar los de su amigo. Lo de querer obligarlos abrazarse a su bandera ya raya lo ridículo, por que en verdad se lo dijo no les representa. ¿Se imagina a los vecinos de Boa a ponerle una bandera española o gallega a la tumba del poeta?
Una recomendación cuando vuelva a escribir hágalo con respecto, propiedad y sobre todo infórmese un poco más que no cuesta nada: el libro, "Nebra historia dunha infamia" non es la Biblia de los hechos, ni Xerardo Díaz Fernández era vecino de Nebra. Ah y pregunte a las familias de los muertos ¿Dónde estaban aquel 12 de octubre los dirigentes de La Liga Agraria, igual se lleva otra sorpresa, como nos llevamos muchos al conocer bien la Historia. Cambiando radicalmente de tema más que nada por ese esa ojera que le aplica a Paco. Si conoce algún vecino de Resúa pregúntele si estuvo en su taberna cuando el presidente de la comunidad los reunió para negar que una intervención suya recogida en acta en la cual no los dejaba bien parados, no habían sido salido de su boca.

Anónimo dijo...

Por favor non emporcar a persoas que non viven nen comen da política, o SR PACO O MARTELO, é un veciño exemplar e un cidadán leal ás súas ideas, que se fixo a si mesmo e que lloita pola súa parroquia e o seu Concello, sen obter ningún beneficio, non coma outros. Que a parroquia prefire ir de viños pois alá eles pero que Paco ten máis razón ca un santo, tamén. Pode dar exemplo a moitos do BNG o queira que se chamen agora. Nebra, Nebra no é que non apoies os teus é que non te quisiste nunca fomras parte dunha histaria de odios e divisións que parece non ter fin.
Fdo: Concepción Lavid

Anónimo dijo...

O vídeo promocional que está colgado na páxina do concello supoño que é para iso, pero eu pregúntome,¿por qué non fan o mesmo co das lagoas de Xuño e de Sampedro?, acaso é que non é da suficiente calidade, ou polo feito de encargalo o goberno que xa non está non se pode promocionar, o actual goberno tivo unha oportunidade única no día internacional dos humedais, pero preferiron gardalo no caixón en lugar de explotalo e difundilo... en fin así nos vai cas actitudes dos políticos desta vila, se ese traballo está ben feito e promociona o noso concello é mellor escondelo e pagar por outro, claro como pagamos todos(o pobo)que máis da, pero estos que están non son os que pregonan eso de "austeridade". Que conste que non critico que fixeran este vídeo, senón que non aproveiten o que tamén se fixo no seu momento e que non se difundeu o suficiente, e por certo presentao un coñecido actor galego...

Pepe dijo...

¿Cómo se puede ser tan malintencionado?.
¿Pretende Acaso, que la página del Ayuntamiento promocione un vídeo electoral del Bloque, con el cual no consiguieron su objetivo: Ganar la elecciones?.
No quiero imaginarme el tono de su comentario si el equipo de Gobierno promocionase también un vídeo de sus logros desde que tomó poción, en lugar del actual con las excelencias de Porto do Son.

¿Sabe una cosa?. Me recuerda, a un paisano que se confesaba medio tonto porque le robaba el trigo al vecino para la huerta de su padre y al preguntarle el cura. ¿Por qué no hacia lo contrario?. Le respondió, usted lo que quiere es que sea tonto del todo.
Por eso y para que no suene a "cantada" su petición, pone por delante como disculpa banal los humedales y las lagunas de Xuño y San pedro. Otro tema es saber con que intención, colgó aquí su comentario, teniendo en cuenta otras entradas con comentario más recientes. Se sobre entiende que le motivo alguna causa, que por supuesto no nos va a desvelar.
¿Mucha casualidad o también rebuscado?. Una última duda. ¿De donde son las imágenes que salen en el minuto 01:48?.

Anónimo dijo...

Mire vostede, o vídeo que se encargou desde a concellalía de medioambiente promociona as lagoas de Xuño, San Pedro e o Río Sieira(concello de Porto do Son), eu non vexo por nengures o logo nin mención ningunha do BNG, e o final do mesmo aparece o logo da concellaría e do concello, pero alá vostede se quere inventar o que non se ve nin oe, menos mal que se pode ver e escoitar en internet, aínda que non así na páxina do concello para demostrar que o malintencionado é vostede. O BNG é certo que fixo un video electoral nas últimas eleccións municipais, pero diferencie un de outro, tamén é certo que non soubo transmitir o traballo feito desde o goberno ou así se demostrou nas urnas. Sobre o seu comentario se o actual goberno utiliza un video na páxina do concello para demostrar os logros que leva feitos, sempre e cando sexan verdade, a mín particularmente non me parece mal, ¿ou acaso non o está a facer con fotos a cotío das obras que realiza?. Mire vostede, utilizar un chiste para insultarme só demostra a educación tan sutil que ten, pero non vou entrar nese xogo. A única intención do comentario, foi recordar que hai unha inversión feita e o actual goberno municipal non a está a utilizar. Eso é coma se mercan un coche para a policía local e coma o mercou o goberno saínte, o entrante o deixa aparcado diante da casa do concello sen utilizar toda a lexislatura.
Sobre as imaxes que saen no minuto 1:48, a sua pregunta no sei que intención ten, pero respóndolle ata onde sei: ao meu entender a eso chámanlle deseño gráfico e representa unha recreación da zona da que está a falar o locutor,¿no sei se a vostede iso lle sona a música celestial?.

Pepe dijo...

Leyendo su protesta y acusación al administrador, curiosamente en otra entrada, está bien claro quien escucha aquí música celestial. ¿Desde cuando la retranca gallega, aunque se escriba en español es un insulto a la inteligencia?. Mire, desde el viernes, 8 de Febrero el Portal WEB DE PORTO DO SON creó un enlace directo bajo el sugerente título de Vídeo Cores de Porto do Son: http://www.portodoson.org/index.php/86-documentacion-municipal/381-video-cores-de-porto-do-son

Y si no estuviese en las "nubes" y llegase al final de la página podría observar otra amplia muestra del Canal Porto do Son, con algunos vídeos creados durante la etapa de "su" bipartito amigo, por lo tanto bajo mi punto de vista, no están guardados en un "caixón" como acusó tan a la ligera a este equipo de gobierno, con el cual que parece que no comulga tanto pero debe ser consciente que si están ahí es es gracias a los votos de la mayoría del pueblo y sin otro tipo de argucias legales. ¿Recuerda?.

Siendo consciente de todos estos datos y de su queja ¿por qué non fan o mesmo co das lagoas de Xuño e de Sampedro?, acaso é que non é da suficiente calidade, ou polo feito de encargalo o goberno que xa non está non se pode promocionar eso de "austeridade", motivó mi comentario

Si mencioné el vídeo del Bloque es porque fue creado cuando tuvieron responsabilidad en gobierno y como bien apunta, de ahí mi retórica también salen las lagunas: hthttp://arquivo.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/portodoson/seccions/portada
Aeste vídeo se puede acceder directamente gracias al enlace aportado por el administrador del blog
De ahí mi mención a la procedencia de las imágenes que salen el minuto 1:48. Igual estoy equivocado, pero no me dio la sensación de que sean empleados municipales. Lo dijo por el logo "N", en su ropa. Y si lo fuesen, por supuesto que no tengo inconveniente en pedir disculpas publicas. Solo nos equivocamos lo que tenemos boca. Claro que unos lo sabemos reconocer y otros se empecinan en su mentira.

Anónimo dijo...

Le vuelvo a decir que estoy hablando del video das lagoas... no del video electoral, hay que diferenciar uno del otro y le vuelvo a repetir que en el minuto que usted dice no aparece esa n, pero seguro que usted se refiere al otro. Yo no pongo la mano en el fuego por nadie allá usted si lo quiere hacer en estos tiempos, mire lo que está pasando en su Santiago querido...

Anónimo dijo...

Sr Pepe, perdone yo no voy a entrar en el tu más...,no soy fanático de ideologías ni colores y juzgo lo que considero que está bién aún con la posibilidad de no estar en lo cierto, pero creo que se hicieron cosas bien y mal con todos los alcaldes que pasaron por el sillón y con el bipartito también, aunque usted no opine lo mismo lo respeto. Ya le digo no soy ni afiliado ni fanático por nada ni nadie y por mi parte queda zanjado el tema, no quise herir a nadie y menos provocar, pero si hablamos de un video promocional, no me puede usted hablar de otro bien distinto como es el electoral y enredar las cosas. A mi me enseñaron a ser modesto y respetuoso. Todos los dias intento aprender cosas.

Anónimo dijo...

¿tamen colgaron o video donde sae o Sr.Oujo, Sr.Melchor, Sr.Pastor,Sr.Quintans,ctc?Por certo e do bipartito pero non sae ninguen do Bng.
Deberian colgalo pra que a xente sepa o que hai.

Mariñeiros do Son dijo...

Esta pasando en Santiago, en Orense,en Lugo,en Madrid, en Barcelona, en toda Cataluña,que es lo que no pasa en Marbella, que es lo que no pasa en toda Andalucia,que es lo que no pasa en Lugo.....que es lo que no pasa en ORENSE.
Mire hablar de BARCENAS, pues hablamos, por que le noto que desea hablar,de BARCENAS, pero puestos a hablar hablemos de LOS BARCENAS,los BARC
son BALTAR,PEPE BLANCO,GURTER,CHAVES,LOS GUERRAS,BARRIO-NUEVO,SANCRISTOBAL,JULIAN MUÑOZ,JESUS GIL,EL ANTIGUO SECRETARIO DE ESTADO DE SEGURIDAD,LOS SECUESTRADORES DE SEGUNDO MARELL......................................Otro dia si quiere seguimos.

Pepe dijo...

Lo que está pasando en mi Santiago querido...?. Hombre no falte al respecto. No se si usted, es "Picheleiro", en mi caso le puedo asegurar que soy sonense de nacimiento y que incluso no tengo familia en esa bella ciudad.
A mi como sonense, me preocupa mucho la corrupción, al contrario, que intuyo en su comentario del 18 de febrero de las 00:41, me disgusta tanto la que practica la izquierda, la derecha y los nacionalistas. Acuérdese que tras su paso por la Xunta del bipartito dimitió uno de sus diputados, por una imputación Judicial, y aunque de momento no haya sido condenado, la sombra de la sospecha como pasa con tantos otros casos está ahí. http://politica.elpais.com/politica/2011/10/05/actualidad/1317808861_513866.html
Acuérdese también, que a mayores y por el mismo tema tienen otro imputado de la Villa de Muros.
En mi mi caso lo que me preocupa es que Porto do Son, por mucho que algunos presuman en el vídeo que mencioné, es que al contrario que en Noia, donde las cosas tampoco les van muy bien, allí van liquidando su deuda, (la mayoría causada durante los años que gobernó aquel gran alcalde que tuvo el Bloque), sin recurrir a créditos como se hizo aquí y que para nuestra desgracia tenemos que pagar con el dinero de nuestra "saca" y no de la del Bloque como presumió en un pleno su portavoz, en referencia a una supuesta subvención de la Diputación de A Coruña. Resumiendo, lo máximo que hicieron fue endeudarnos mucho más, porque por si no lo sabe con el dinero de todos paga hasta el más tonto del pueblo. A Todo esto escuchándolos en el vídeo parece que en lugar de gobernar en coalición con un alcalde socialista gobernaron ellos solos.

Anónimo dijo...

Siga usted mareando la perdiz, el tema que nos atañe es el video PROMOCIONAL de las lagoas, mi opinión es que podía estar en la página del concello al igual que el que colgaron recientemente, porque el de las lagoas es propiedad del concello y no del BNG, que si el actual gobierno no lo quiere colgar, pues es una decisión suya, pero yo a eso lo llamo: no aprovechar los recursos que tiene en su poder, pero es mi humilde opinión. Y por favor deje de desviar el tema y cíñase a ese video. Seguro que si usted se esfuerza un poco, igual hasta logra ver algún miembro del BNG local entre los figurantes, sólo es cuestión de hecharle imaginación. Si presume de sonense a que viene lo que pasa en Muros, Noia, etc... será mejor que cada uno arregle lo que tiene en su casa...que no es poco.

Pepe dijo...

Por favor, antes de volver a meter la "pata", aunque parece que quien la metió primero fui yo, revise sus comentarios, así le podría dar cierto sentido a su pregunta. Aquí, quien se salió primero de nuestro entorno y se marchó a Santiago para hablar de la presunta corrupción que padecen allí fue usted, y eso que nos queda más lejos que Muros. Esto me lleva a suponer que solo le interesa destacar la corrupción que practica cierto partido?. En mi caso le voy a ser franco, me preocupa, sin excepción, la que practican todos los partidos, tanto a nivel estatal como gallego, y que tan amablemente citó Mariñeiros do Son. Y eso que se quedó corto... aunque como puede observar, promete seguir...¡ilustrándolo!.
A todo estoy queriendo por mi parte dar por terminada esta pequeña discrepancia. ¿Podría colgarnos el enlace del vídeo que cita?. Así aunque no este en la página del Ayuntamiento, si está en Internet, lo podríamos visualizar todos y todas.

Anónimo dijo...

Señora Concepción Lavid, canta razón ten. En Nebra somos moito de resolvelos nosos problemas con un vaso de viño na taberna, tanto é que, como seguramente lembrará, fai uns anos as reunións da comunidade celebrábanse nun bar, o cal hoxe en día volve a ser de novo o centro de decisións da comunidade á vista das reunións que celebran alí algúns directivos, non todos, a dicir verdade. Outra zona preferida, a pesar da flamante sede que temos é unha mesa de pedra doutro local. Non ten máis que pasar calquera sábado pola carretera do Empalme á Iglesia. Descoñezo cantas asambleas se poden ou deben celebrar ao ano na comunidade, o único que sabemos é que de 3 ou 4 que tiñamos antes, pasamos a ter unha sola, ou, como máximo dúas como aconteceu coas dos porcos motivados, a que o que non houbo quórum na primeira. Seguindo o fío do comentario que cita o anónimo do 7 de febreiro de 2013 17:31, non son veciño de Resúa pero teño escoitado falar desa reunión, da que xa pasaron uns anos. O curioso é que algúns veciños preguntábanse como era posible que o presidente para facerse creible e poder deixar en mal lugar a Paco, que para quen non o sepa era o secretario, se fixese acompañar por tres testemuñas, dous directivos e outra persoa que nin tan sequera era veciño, polo que non podía ter coñecemento do que se falaba nas asambleas. Co que non contaban é que a Paco non lle fixo falta implicar a ninguén chegoulle con levala gravación da asamblea, para que os veciños escoitasen se o reflectido na acta se correspondía co que dixera o presidente sobre eles. Despois diso suponse que algún debeu pedirlle explicacións, porque se mal non lembro na asemblea onde o obrigaron a dimitir, o presidente pediulles desculpas indicando que se malinterpretaran as súas palabras. Claro que nisto tamén hai clases: os veciños agachamos a orella ante o rico, e levantámola ante o pobre, porque se o mentireiro fose Paco, seguramente outro galo cantaría. A moitos gustaríanos saber se quen lle pediu explicacións escoitou a gravación ou lla comentaron, se a escoitou dende logo quedou co cu ó aire. Así se entende o que pasa na comunidade. Somos moitos os que lle achacamos un erro a Paco, que se pechase en banda con Internet e non usalas ferramentas coas que gañou as eleccións. Iso foi porque daquela todos liamos na porta da Iglesia as súas notas criticas, por aquí chegará máis lonxe, pero non chega a todo los comuneiros. O que non sabe a xente de fora é que foi precisamente el o que descubriu moita cousas da comunidade, que non se sabían antes, en realidade sempre houbo faladurias. Algunhas empresas dábanlle regalos ós directivos, pero el cambiou esa practica, segundo a súa versión, con bastante traballo entre os ex compañeiros, para que fosen sorteados entre todo los comuneiros. O curioso é que desde a súa expulsión da directiva, nunca máis se volveu a saber se seguen con ese privilexio ou non.
Un comuneiro canso do que escoita e ve.

Anónimo dijo...

Curiosa a manifestación de hoxe en Santiago contra corrupción capitaneada polo BNG, tendo en conta que teñen un ex alto cargo imputado por corrupción a cheira ao lonxe. Se fose pola soberanía, hasta o entendería, de feito segundo algunhas testemuñas ese foi o slogan máis coreado polos asistentes. Para que non se nos acuse de imparcialidade: dez casos de corrupción que gravitan sobre a actualidade política en España...http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2013/01/21/diez-casos-corrupcion-gravitan-sobre-actualidad-politica-espana/00031358780754680609743.htm?idioma=galego

O Mariño dijo...

"Houston, we have a problem". A corrupción impera nos partidos porque os cidadáns os votamos, en vez de botalos. Non é de recibo que xente coma Carlos Fabra faga crer a tódolos seus votantes, que a Deusa Fortuna estivese sempre ao seu carón. Ollando a súa biografía explícanse moitas cousas. Estes días temos tamén en boca de todos o caso Bárcenas, outro que afirma que os 38 millóns de euros acumulados en Suíza foron obtidos grazas ao seu bon facer na compra de accións de empresas e cadros. Mentres el amasaba ese fortuna, a milleiros de familias traballadoras, as caixas, no só as galegas, fóronlle retendo os seus aforros de toda unha vida, lease Preferentes. O curioso é que tódolos partidos, PP, PSOE e BNG, tiñan xente nos seus consellos de administración a muxila vaca o que me fai lembrar aquela caricatura de Castelao onde o o cacique de facía o mesmo.
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/ocaso-entidades-financieras-animo-lucro/idEdicion-2011-01-27/idNoticia-633885/
http://ulpilex.es/Vitruvius/economia/trileros-en-las-cajas-gallegas/
http://barconblog.blogspot.com.es/2011/10/novacaixagalicia.html
Se nos nos desprazamos ao Sur famosos son o ERES da Junta de Andalucía.
Que o BNG pretenda facerse abandeirado da corrupción tendo a un exdeputado imputado é coma poñer ao raposo a coidalas galiñas. Seguimos?

Anónimo dijo...

Parece que o de Santiago non é de agora, se non que ben con rabo e cornos: http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/bipartito-contrato-obras-vendex-aquagest-veinte-millones/idEdicion-2013-03-06/idNoticia-794693/

Anónimo dijo...

Si tenemos que opinar de todo, pues opinemos, el problema actual de Santiago viene provocado por la pesecución que determinadas sectas hacen de las personas que las abandonan. Gerardo Conde Roa fue del Opus y lo abandonó pues.... digamos porque quiso vivir su vida sin ataduras, eso no puede ocurrir una vez que estás dentro no se sale. Que yo tenga que defender a Conde Roa resulta patético, ya que fué él el artífice de mi salida del PP, pero no puedo por menos que expresar la realidad que percibo. Gerardo es el único político que dimitió en este país a la primera de cambio, y por deberle dinero a hacienda no por robarlo,manda webs!!! con lo que hemos visto después y es que no es yerno de rey. Bien ese fue su motivo para dimitir, conducta poco ejemplar anda que no tiene guasa!!. Y ahora una vez dimitido hace casi un año van a su casa a registrar, preguntar por contratos, que no que no cuela y todavía cuela menos si vieran el despa de la sra jueza y su ostentosa devoción religiosa.
Ahora sí, ahora que algunos han dicho lo que había que decir, ahora puede salir la basura de debajo de las alfombras porque quienes conocimos a Bugallo repartiendo entradas detrás de un ventanuco del Compostela...... quién lo ha visto y quien lo ve. O Bernardino Rama porque este tiene su "encanto" . A partir de ahora os vamos a divertir... PP.PSOE,BNG lo mismo me da, todos los que toquen poder se corrompen,es el reflejo de la sociedad que tenemos porque no hemos sabido inculcarle a nuestros hijos los valores del esfuerzo, del sacrificio, sólo el pelotazo y eltanto tienes tanto vales porque no importa como lo consigas.
Fdo: Concepción Lavid