Mostrando entradas con la etiqueta Francisco Calo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Francisco Calo. Mostrar todas las entradas

11 abril 2012

La Semana Santa vista por un vecino de Nebra

Este vecino de la parroquia de Nebra, Francisco Calo, que firma como Paco do Martelo, viene de subir a su blog y a su canal de Youtube un amplio reportaje sobre los actos de la recién terminada Semana Santa de Porto do Son.

Tienen toda la información haciendo click en cada enlace.

Procesión de la Virgen de las Dolores

Procesión de la Borriquita

Procesión del Vía Crucis

Procesión del Ecce-Homo

Procesión del Santo Encuentro

El Desenclavo

Procesión de Jesús Glorioso

28 octubre 2011

As mortes en Cans no 1916

Aos pés de dous monólitos lémbranse os feitos cada 12 de outubro. Foto SIMÓN BALVÍS
:logo-lvg: | Barbanza

Cinco veciños foron asasinados loitando contra unhas taxas que consideraban inxustas

No Antroido do ano 1916 corría o rumor de que o Concello de Porto do Son acordara repartir entre os veciños uns arbitrios extraordinarios e o importante déficit que resultaba no imposto dese ano, e que ascendía a 9.381,71 pesetas así como unha nada desprezable cantidade de 5.259,35 pesetas correspondentes á primeira anualidade da moratoria que a Deputación Provincial de A Coruña lle outorgara o 14 de xaneiro do ano anterior. Os ánimos entre as xentes estaban moi exaltados e tanto os afiliados á Liga Agraria de Nebra como La Protección Obrera de Porto do Son mantiñan reunións periódicas para informar da situación e acordar as medidas a tomar.

Os veciños protestaban porque non se lles informara debidamente e non puideran presentar reclamacións. A Liga Agraria, en sesión extraordinaria do día 2 de abril, acordara convocar os veciños para unha gran manifestación ao día seguinte. A concentración á que acudiran centos de persoas rematou ás portas do Concello, pero ningunha autoridade acudiu a recibilos. Si fixo acto de presenza a Garda Civil, que, por medio de tres parellas, procedería a disolver a manifestación con contundencia, facendo fuxir os manifestantes. Cinco veciños foron detidos e levados ao día seguinte ao xulgado de Noia onde quedaron presos.

A comezos do mes de maio, unha representación dos veciños foi entrevistarse co gobernador, quen desestimou a súa solicitude argumentando que a reclamación debera terse feito en tempo e forma. De volta de A Coruña, a decepción foi xeral, manténdose dispostos a todo con tal de non pagar. Ese sentimento de rexeitamento onde máis se deixou sentir foi na parroquia de Nebra.

Algúns xornais anunciaban que a situación viraba tan tensa que de non cortarse a tempo remataría en traxedia.

O gobernador enviou telegramas con instrucións concretas ao alcalde e ao xefe da Garda Civil para que procedesen con toda a mesura necesaria. Para o día 12 estaba previsto que os cobros e embargos se realizasen en Nebra, comezando polo alcalde de barrio, Joaquín Sobrado Castelo, veciño de Cans.

Ao amencer dese fatídico día, saíron de Portosín 40 gardas civís, en formación, encabezados por dous tenentes e polo seu capitán, a cabalo. Os campesiños reunidos na Liga Agraria acordaran reunirse na ponte de Cans, alertados polo estourido dun foguete, e concentrándose ao toque reiterado dun corno, tratando de evitar os cobros e os embargos. Eran máis de trescentos, entre eles moitas mulleres que portaban paus e apeiros de labranza coma fouciños e gadañas.

Intercambio de pedras e tiros

Producido o encontro, o capitán solicitoulles aos labregos que se dispersaren, mentres que eles contestaron coa negativa a seren embargados. Un grupo de mulleres e un mozo adiantáronse ao grupo, comezando un intercambio de pedradas e disparos. Alí mesmo morreron un home e unha muller. Tralo enfrontamento, a Garda Civil retirouse a Portosín, mentres se socorría os feridos.

Tanto o alcalde, Severiano Martínez, coma Maillo, capitán da Garda Civil, escribiron senllos telegramas ao gobernador, en termos moi parecidos, para poñelo ao corrente do sucedido, cunhas versións que non corroboran os veciños. As dúas sociedades son pechadas, e os feitos serían silenciados polas autoridades.

O lamentable balance dos sucesos de Nebra saldouse definitivamente con cinco mortos (un home e catro mulleres), nove feridos graves (cinco homes e catro mulleres) e trinta persoas feridas leves por parte dos veciños de Nebra, mais outros dous, membros da garda Civil.

A gravidade dos feitos acontecidos na ponte de Cans chegarían ata o Parlamento e o Congreso onde se criticou con dureza aqueles sucesos, que agora ano tras ano son lembrados en Nebra para que non fiquen no esquecemento.

25 octubre 2011

Aclaración Homenaxe Mártires de Nebra

A raíz dalgúns comentarios verquidos nesta bitácora por varios anónimos, nalgúns casos tendenciosos e noutros faltando á verdade apostas, Francisco Calo García, promotor das homenaxes que dende o ano 2000 se-lle ven tributando a Xenerosa Vidal, Francisca Carou, Ramona Suárez, Rosa Cadórniga e Antonio Sobrado, máis coñecidos coma «os mortos da ponte de Cans», manifesta o seguinte:

É totalmente FALSO tal é como refire o anónimo do día 16 de outubro das 20:22, que o BNG celebre este acto dende fai anos ou que fose o seu promotor. É certo que naquela época militaba neste partido, pero iso non lle dá dereito a faltar á verdade. NUNCA promovín ditas homenaxes coma militante, se non coma veciño de Nebra e descendente daquela xente, de aí que XAMAIS usase símbolos nacionalistas e porque dende un principio sempre quixen que fose un ACTO ABERTO E PÚBLICO.

Unha MENTIRA non se converte en VERDADE por moito que se conte mil veces, tal e como profetizaba un tal Joseph Goebbels. Querer PRESUMIR de se-los promotores do acto e que pagase eu as flores e botarlle demasiada CARA... só me faltaba como fan agora, que enriba lles pagase a cinta co seu anagrama. É verdade que antes tamén lle poñía unha, pero SEMPRE era anónima e só levaba unha cita en lembranza das vítimas. A diferenza é substancial!!!

Tal vez o meu error foi darlles confianza a quen demostraron ao final que non a merecían. Do 2001 ó 2005 permitinlles que me imprimisen os carteis da convocatoria, que sempre eran editados polo meu fillo e que levasen o anagrama do BNG. Isto non quere dicir fosen os promotores do evento, ou si?

No ano 2006 decidín prescindir xa desa colaboración e así lles foi comunicado polo meu fillo ante a miña ausencia. Houbo xente á que non lles gustou, especialmente ó presidente da comunidade, pero unha intervención dun dos «históricos militantes» que coñece a verdade de todo isto, cortou de raíz a cuestión e aceptouse a miña decisión irrebocable.

O ano seguinte a raíz da miña baixa xa coma militante -motivada entre outras cousas porque o presidente da comunidade «de novo el polo medio» co visto e prace da Consellería do Medio Rural expropiáronlle ilegalmente un agro a meu pai con unha pista-, ante a miña ausencia de novo por motivos laborais «atopábame en Carboneras-Almeria» comunícolle á familia que non estaban «obrigados» a informalos directamente da convocatoria do acto. Iso molestoulles tanto, que incluso me chamaron á «orde» por teléfono dende a sede. A pesar de que-lles deixei ben claro que o acto seguía sendo ABERTO e que non tiña inconveniente en que se sumasen, foi cando decidiron aproveitar esa ausencia para facela súa primeira contra-homenaxe.

Con todo iso teño certas dúbidas, primeiro porque dubido que se dirixiran a algún dos descendentes para comunicarlles a súa decisión e segundo, porque non teño claro que convocou o acto, xa que a prensa non menciona explicitamente ó BNG e só di que falou o presidente da comunidade e que -no faltaron a la cita los ediles no adscritos de O Son. Eses edís eran os expulsados polo BNG por no acatalo pacto de Santiago subscrito co PSOE e por negarse a propiciala reelección de Ramón Quintáns.

O máis curioso é que o máis acérrimo defensor de que todo isto foi promovido dende un principio polo BNG, é precisamente o presidente da comunidade. Ollase que ten moi mala memoria, primeiro porque se esquece que el e outros que opinan igual non estiveron na primeira homenaxe e porque se esquece do que dixo nesta entrevista cando non me saia do «seu guión»: - ¿De quen foi a idea?
-Dun veciño de Nebra, coñecido como Paco de Martelo, que tivo que emigrar e agora vive na illa de Mallorca.


Xa o di o refrán: Onde hai papeis, calan barbas.

A única verdade que di a medias o anónimo de referencia e sobre o acto de Ramón Sampedro, aínda que o debo corrixir, agora o BNG non é o promotor da homenaxe e coido que nin tan sequera aparece o seu nome no cartel. Iso si, igual que facemos moitos, varios militantes fan acto de presencia.

Pregunta o anónimo do 13 de outubro das 11:40, por que se fan dúas homenaxes? e se non sería mellor unificalo todo nunha?...
Pola miña parte nunca houbo problema e así se fixo o ano 2008, cando se inaugurou o segundo monólito coa placa que recolle o nome das cinco persoas abatidas e unha pequena lenda dos feitos. A idea partiu Manuel Tomé, alcalde do Concello por aquel entón e despois de que falase con el para ver de resaltala beirarrúa fronte ao monólito. Ese ano era a primeira vez que un alcalde lle daba un aire institucional á homenaxe e tamén, que un militante «sacou» a bandeira nacionalista, cousa que persoalmente non me gustou nada.

Rematado o acto e xa no Bar Universal de Nebra, algúns militantes dedicáronse a descualificar a Tomé e a queixarse pola súa presencia no acto. Alí mesmo dixeron que non querían volver a coincidir outra vez con el e que non quería que se-lles fose das mans a homenaxe como lles pasou co de Ramón Sampedro. Se os actos sempre foron abertos, a qué se debía esa «carrapincha»? Querían que fose abertos só para os da súa «corda»?

O ano pasado Manuel Tomé xa non era o problema, pero aínda así deron en seguir coa súa teima. Ao seu acto asiste Xoán Pastor, en calidade de alcalde, e non se cortan un pelo en criticalas políticas do PSOE «lembre que gobernaban en coalición con dito partido» e de Feijoo. Facendo miñas unhas verbas que me comentou Pastor, que tamén acudiu ao meu acto, tamén digo que para falar da política actual teñen 364 días e 23 horas e media, polo que nesa media hora ben podían falar das cinco vítimas e dos feitos que en teoría os leva a Cans. Noutra ocasión, no antigo Chuza un asistente ao seu acto tamén se estrañou que se esquecesen das vítimas e se dedicasen a criticar a Zapatero e Feijoo.

Con este comentario coido que respondo a este anónimo, máis aos que teñen dúbidas sobre quen é o que mestura a política e mais ao que nesta outra entrada asina como Olveira, pero usando unha URL que non era da súa propiedade.

doce anos lembrándoos

24/10/2011 23:37:06
Paco do Martelo

13 octubre 2011

Nebra evoca el recuerdo indeleble de sus mártires



:logo-lvg: | Barbanza

Los vecinos rinden homenaje a los 5 muertos en la lucha contra un tributo

«Un padrenuestriño polos que morreron en Oseira, Nebra e Sofán» rezaron ayer los vecinos de Cans, en la parroquia sonense de Nebra. Al igual que pedía Castelao en una de las láminas de su mítico álbum Nós, el recuerdo de aquellos cinco vecinos -cuatro mujeres y un hombre- que dieron la vida por la justicia permanece indeleble en la memoria del municipio, a pesar de que ya hayan pasado 95 años de aquel fatídico 12 de octubre en el que el sonido de las balas enmudeció a toda la comarca barbanzana.

Los sonenses recordaron con dos actos, uno organizado por el BNG y otro por familiares de las víctimas y vecinos -ambos incluían una ofrenda floral y estaban programados con una hora de diferencia- a Antonio Sobrado Luaces, Francisca Carou, Ramona Suárez Pouso, Xenerosa Vidal y Rosa Cadórniga Maneiro, además de a los 38 heridos en la refriega entre sonenses y fuerzas del orden por un impuesto que los primeros consideraban injusto y que los segundos, bajo las órdenes de los políticos de la época, se empeñaron en cobrar con embargos incluidos y, por supuesto, pistolas.

Allí fue herida una tía de Francisco Calo, uno de los impulsores de uno de los homenajes e incansable recolector de la memoria colectiva de Porto do Son, cuyo tío abuelo siempre decía que en Nebra «mataban á xente». Dos vecinas y un vecino «que aínda que cego de neno tiña unha prodixiosa memoria» le permitieron recopilar buena parte de la historia del aciago día, que desde hace unos años permanece esculpido en piedra en el mismo lugar en el que aquel 12 de octubre, los vecinos de Cans se encararon con el poder afirmando que «¡o defici non se paga!».

Relacionada
La crónica que impulsó la cita