Manuel Iglesias xefe de salvamento marítimo FISTERRA |
:logo-lvg: | Barbanza
O novo responsable da base do monte Enxa analiza o traballo realizado
A oficina de Manuel Iglesias Franco (Rianxo, 1953) ten unhas vistas privilexiadas. Desde o alto do monte Enxa, en Porto do Son, domínanse millas e millas de océano. Alí está a base de Salvamento Marítimo de Fisterra, o lugar desde o que se controla todo o que pasa no mar. Iglesias leva desde finais do ano pasado como máximo responsable desas instalacións, substituíndo no cargo a Xaquín Maceiras, que accedeu a un alto cargo en Madrid.
-Unha base que xa coñece ben.
-Levo aquí practicamente desde o principio. Traballei como controlador de tráfico marítimo desde 1993 e estiven así ata o 2004, que pasei a ser subxefe con Xaquín Maceiras.
-¿De que se encarga un xefe de Salvamento?
-A función principal é a supervisión dos traballos que se realizan tanto en salvamento como en loita contra a contaminación.
-¿E cal é a zona máis conflitiva da costa galega?
-Os problemas pódense dar en calquera momento e en calquera lugar, pero tal vez a zona máis conflitiva sexa o dispositivo de separación de tráfico marítimo polo número de buques que pasan por el. Ao ano o empregan uns 43.000 mercantes de todo tipo, e iso sen contar os pesqueiros da zona. Aínda que os accidentes son algo imprevisible, soe haber máis onde hai máis densidade de tráfico.
-¿E cales son os problemas máis frecuentes?
-Os expedientes que máis abrimos son por barcos á deriva ou sen goberno, o ano pasado foron un total de 161. Na maioría dos casos non se intervén por ese motivo, son paradas dos barcos no mar que, en xeral, solventan polos seus propios medios os tripulantes. Fixemos tamén un total de 37 evacuacións médicas de buques á terra, atendemos 12 accidentes en actividades deportivas, 11 vías de auga, dez caídas á auga desde terra, tres homes caídos ao mar desde barcos, unha colisión, sete afundimentos e tres incendios.
-Non semella moito tendo en conta o volume de tráfico.
-Non. Pero isto funciona por momentos. Hai días que non pasa nada e outros nos que xorden dous ou tres casos.
-Suponse que cando vai peor tempo.
-En xeral, os accidentes graves acontecen cando o mar está en peores condicións, pero cando máis expedientes se abren é en xullo e agosto, cando hai máis actividades deportivas.
-Desde a base de Porto do Son tamén xestionan o dispositivo de separación de tráfico marítimo. ¿Como funciona?
-Estableceuse en xuño do 2004, despois do Prestige. Antes había dúas vías, unha en cada sentido, entón puxéronse catro, creando dúas novas para barcos con mercancías perigosas. Todos os mercantes que pasan por calquera delas teñen a obriga de reportar información sobre o nome do barco, carga e destino e na base tómase nota e fáiselles un seguimento. Ás veces pedimos datos complementarios por se sucede algo saber o que temos.
-¿Pasan moitos barcos con mercancías perigosas?
-No 2010 foron 13.847 entre contenedores, petroleiros, gaseiros e outros. De todos eles só houbo sete que infrinxiron o regulamento.
-¿Que fixeron?
-Saíron do corredor.
-¿Iso non se pode facer cando vai mal tempo?
-Cando vai mal tempo si, pero cando outros barcos que van pola zona e os centros meteorolóxicos din que non vai mal tempo, non se pode saír.
-¿Que casos graves recorda na súa carreira?
-Houbo moitos. O do Prestige foi o máis mediático, pero houbo máis. Entre os últimos, o do North Spirit, ou o Bahía de Portosanto, o ano pasado, afundido cerca de Vigo. Nese caso chamou o patrón para evacuar. Cos datos que tiñamos, o Pesca I era suficiente para sacalos a todos. Aquí, por si acaso, decidimos mandar tamén ao Helimer. Ao final o Pesca I tivo un problema e non puido completar a evacuación. Grazas á nosa decisión puidemos sacalos a todos. Tamén recordo o caso do Kea, na época do afundimento do Prestige. Levaba 21 persoas. Salváronse 19 e desapareceron dúas que se tiraron á auga cando viron ao helicóptero en vez de esperar.
-Falando de helicópteros. Mentres non estea o de Cee, ¿canto tarda un dos que hai que chegar a Fisterra?
-Desde que se produce a chamada pode tarde uns 35 ou 40 minutos. Estamos preparados para dar resposta nese tempo. Un helicóptero necesita uns nove minutos de revisión antes de despegar, e iso é algo que non se pode aforrar, e máis voando nas condicións que o fan. Para o que non está pensado Salvamento Marítimo é para cousas inminentes. Se alguén está afogando nunha praia, nós non podemos chegar en dous minutos, é imposible, inténtase, pero non está concibido para iso. Cousas así deben solventarse doutra maneira.
-¿Como está hoxe Galicia en medios de salvamento e loita contra a contaminación?
-Hoxe ten unha boa cobertura de medios. Estamos a bo nivel comparados con calquera país, pero sempre hai veces nas que non chega nin con todos os medios do mundo, como lle aconteceu a Estados Unidos non hai moito coa plataforma de BP. Se algún país ten medios, son eles, e pasou o que pasou.
-¿Como cambiaron eses medios nos últimos anos?
-No ano 1993 empezou o que foi o embrión de Salvamento Marítimo. Os medios eran máis rudimentarios e melloraron moitísimo neste tempo. Indo máis atrás, non ten que ver o que hai hoxe co que había hai 30 anos. Entón o mariñeiro estaba ao que Deus provera. Nada que ver co que hai hoxe, aínda que en salvamento nunca é suficiente.
Relacionada
«Os sentinazos vense cada vez máis porque a vixilancia aumentou»

0 comentarios:
Publicar un comentario