Porto do Son, 4 de outubro 2011.- O BNG presentou no rexistro do concello, con entrada nº 7035, de data 30 de setembro 2011, unha moción para ser tratada no vindeiro pleno ordinario do mes de novembro.
Moción sobre pagamento de facturas a provedores.
Aprobada a Liquidación do Orzamento Municipal do exercicio 2010, esta reflcite un Remanente de Tesourería para gastos xerais por importe de 876.845,44 euros.
As facturas de provedores pendentes de pago de anualidades anteriores, a data de 31/12/2009, ascendían a un importe de 2.056.137,98 euros.
As facturas de provedores pendentes de pago de anualidades anteriores, a data de 31/12/2010, ascendían a un importe de 1.213.353,55 euros, a data do 10/06/2011 e a día de hoxe as facturas sen pagar do ano 2010 para atrás ascenden a un importe de 888.992,27 euros.
No ano e medio de goberno BNG-PSOE fíxemonos cargo de débeda a provedores de anos anteriores e logramos rebaixala en 1.167.145,71 euros, o que supuxo un grande respiro para moitas pequenas empresas do noso concello.
Debido á grave situación económica pola que estan atravesando moitas empresas ás que este concello lles sigue a deber diñeiro dende hai varios anos, polo que os está a obrigar a reclamar estas débedas por vía xudicial, coas consecuencias negativas que isto conleva.
Polo que o BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte acordo:
Que o remanente de tesourería do exercicio 2010 sexa adicado na súa totalidade ao pagamento das facturas a provedores do ano 2010 para atrás e seguindo o baremo da antigüidade da débeda.
17/10/2011 20:18:58
BNG de Porto do Son
2 comentarios:
!!!Que demagoxia ten o BNG do Son!!!.Cando governou co PSOE a traveso dunha Moción de Censura,resulta que o Remanente de Tesourería do ano 2009, que ascendia o redor dos 900000€,que foi o segundo exercicio do governo Popular de Tomé con Superávit ámbolos dous exercicios(2008 e 2009).Pois ben,neste último exercicio e xa co bipartito no governo,en prol de pagar as facturas correspondentes ó propio exercicio do 2009,collen e deixan de pagalas e esa cuantía aproveitanna para facer inversións.!!!E agora veñen coma os salvadores da débeda do Concello!!!!!!QUE CARADURA HAI QUE TER!!!!PERO vindo do BNG, todo é posibel!!!!
O do BNG e a señora Ánxela é algo máis que pura demagoxia. Todos sabemos que en época electoral tirase a casa pola fiestra i eles van vos de acusar diso a Quintáns e se foran coherentes, se é que en política hai coherencia, rexeitarían esa formula, pero fomos testemuñas de como precisamente a consellería desta señora se puxo a facer obras a todo tren, nalgún caso incluso sen ton nin son. E claro, agora pasa o que pasa e o que veña atrás que arree. Analizando os resultados electorais que ultimamente ven colleitando e a enquisa deste blog, unha decatase de que a xente comeza pouco a pouco a darse conta de que pé coxean.
Agora tamén presenta unha moción para que se lle ceda un despacho para atender ao cidadán, supoño que quererá o despacho que antes lle cederon ao PP, AVS e IxPS. Hai non, que cando puido tampouco lles cederon nin sequera o cuarto dos ratos. O dito !!!PURA E BARATA DEMAGOXIA!!!
Publicar un comentario