:logo-lvg: | Barbanza
Hai xa tempo que Robustiano Losada Romero, Nuco (Rianxo, 1945), non se animaba a amosar as súas creacións fóra do museo que abriu hai un par de anos no baixo da súa vivenda de Rianxiño. Esta sala é o seu soño feito realidade e por iso está encantado de recibir nela a todo aquel que desexe coñecer o seu arte. A petición do Concello de Porto do Son, o escultor fixo un esforzo para sacar deste cobixo 23 pezas feitas ao longo deste ano en fibra de vidro e aceiro.
-¿Que parte da súa obra pode verse na casa de cultura sonense?
-Hai unhas cantas pezas de temática diversa, desde un grupo de baile folclórico ata unha escultura que representa o mundo do teatro; pero a maior parte pertencen a unha serie que, partindo da teoría da gran explosión, chega ata o posible final do planeta.
-En Porto do Son exhibe 23 pezas pero, ¿cantas compoñen a súa colección?
-O certo é que non sei cantas esculturas teño agora mesmo no museo, supoño que unhas 160. Vou moi rápido á hora de crear, pero tamén hai pezas que van desaparecendo, porque as dono ou as regalo, así que a sala está en constante proceso de renovación.
-¿Están á venda estas esculturas?
-Non, tiven moitas oportunidades de vender e moi boas, pero non teño necesidade. A miña ilusión sempre foi ter un museo aberto e con isto confórmome.
-Hai un par de anos que conseguiu facer realidade este soño, ¿que balance fai deste período?
-Tendo en conta que non está nun lugar de paso nin de acceso doado, pois atópase na estrada de Rianxiño, fago un balance moi positivo. Ata aquí viñeron autobuses con xente de Ourense, Lugo, Negreira e tamén nenos de moitas escolas, sobre todo de fóra de Rianxo. Puideron entrar ao redor de seiscentas persoas nestes dous anos.
-¿Gustaríalle ter un museo mellor situado?
-Claro que si. A xente marcha de aquí encantada, pero hai rianxeiros que non saben o que contén esta sala.
-Pero, ¿estaría disposto a ceder as esculturas para un museo xestionado, por exemplo, polo Concello?
-Non, nestes intres non quero que as pezas saian do meu museo. Isto é algo que eu controlo e quero que siga sendo así.
-Había tempo que non expoñía fóra da súa sala, ¿por que se animou a facelo no Son?
-Foi o Concello o que me ofreceu a posibilidade e aceptei, pois eu a Porto do Son téñolle un cariño especial. Parte da miña obra veu de alá. Teño moitos traballos en pedra e do Son veu a materia prima que empreguei. Teño unha especie de débeda con esa terra.
-Se tivera que elixir unha peza de todas as que fixo, ¿cal sería?
-É unha pregunta complicada. Hai unha peza que me custou moito facer e que ten unha gran simboloxía. É unha escultura sobre a emigración feita en ferro, de dous metros de ancho e 1,80 de alto. Está composta por catro personaxes máis un que se adiviña, pois está no ventre da súa nai.
-¿Cal é a escultura que lle queda por facer?
-Teño un proxecto co que incluso soño. Sería unha figura de seis metros de altura e levaría unha base de formigón e unha escultura enriba que representaría unha especie de árbore. Sería unha escultura moi vinculada á terra, pero non quero desvelar nada máis. Algún día quero presentarlle o proxecto ao Concello. Gustaríame deixar unha creación miña para Rianxo, iso sería para min o máximo. Hai incluso quen me comenta o raro que é que un artista coma min, con preto de 300 obras feitas, non teña nada exposto na súa terra.
-Despois de Porto do Son, ¿haberá novas exposicións na comarca?
-Gustoume a experiencia do Son, a sala e como quedou montada a colección, e parece que me está picando de novo o gusaniño de expoñer. Igual me animo a repetir en outras localidades da zona.

0 comentarios:
Publicar un comentario