:logo-lvg: | Barbanza
Os premios sereos que entrega a entidade cambian de imaxe e incorporan unha figura elaborada por Sargadelos
A Asociación Cultural Barbantia abriu a súa sétima tempada o venres pola noite cunha tripla presentación: do libro Máxico tear natural, do rianxeiro e socio da entidade Xosé M. Lobato Martínez; do suplemento A Voz de Barbantia, o número 67 ; e das novas figuras dos premios sereos, que incorporan o estilo Sargadelos, firma que se encargou da súa elaboración e coa que se chegou ao acordo de mantela durante dez anos.
Foi o coordinador de Barbantia, Alberto Piñeiro, o que deu por aberto o contou os proxectos inmediatos. O vindeiro mes, o venres 28, presentarase o libro In vino veritas, de Francisco Castro, que coincidirá coa publicación do suplemento número 68; e en novembro, na casa da cultura de Noia, presentarase o anuario do 2011 e daranse a coñecer os galardoados cos sereos, que premiará traxectoria e á iniciativa cultural en Barbanza, respectivamente; e, á cultura galega.
De seguido, tomou a palabra Jesús Lojo Alcalde, de Sargadelos en Boiro, quen se amosou agradecido da colaboración con Barbantia e abriu as portas do local para o desenvolvemento dos actos tanto da entidade, como do Concello e dos creadores que estean interesados en expoñer a súa obra, de feito, nas paredes colgaba unha mostra de cadros de Paola García Paz.
Presentación do libro
Respecto da obra que se presentaba, Henrique Alvarellos, representante da editorial, subliñou que o autor, en poucas palabras, fai unha viaxe por 23 paisaxes de Galicia, desde O Caurel, ata o Tambre, Cortegada e outros lugares de interese paisaxística, para afondar neles e relatar a súas sensacións en prosa e en poesía ao mesmo tempo.
O directivo de Barbantia Xosé Ricardo Losada sinalou, pola súa banda, que coñecía a Lobato dende que xogara ao fútbol, xa que daquela o escritor era olleador do Compostela e dera informes positivos a Caneda para a súa fichaxe.
Logo da anécdota, Losada recoñeceu que pouco sabía da paisaxe, polo que tivo que acudir a Otero Pedraio para entender o libro, que cualificou de mosaico con afectos, sentimentos e rexeitamentos. O mestre de filosofía recoñeceu que cando leu Máxico tear natural levouno a pensar «que estamos a facer coa paisaxe». Para demostrar aos asistentes o descoñecemento que hai sobre os contornos naturais galegos, expúxolles dez preguntas non para responder alí mesmo, senón para contestalas interiormente e logo facer unha avaliación de acertos; parece ser que os resultados convenceron á gran maioría do descoñecemento da paisaxe.
Xosé M. Lobato Martínez, autor do libro, confesou que foi setemesiño o que lle deu unha natureza particular que influíu «naquel neno sen chupete» á hora de facer obras como Máxico tear natural. Explicou que o libro pretende destacar a enorme riqueza paisaxística que ten Galicia, que por riba é rica en toponimia.
Pechou o acto a concelleira de Cultura de Boiro, Elena Teixeira, quen transmitiu unha mensaxe de colaboración do alcalde, Juan José Dieste, con Barbantia. Tamén subliñou que gozou lendo a obra de Lobato.

0 comentarios:
Publicar un comentario