:logo-lvg: | Barbanza
Opinaba eu no artigo do pasado martes que fusionar concellos para aforrar algúns cartiños non era o máis axeitado, pero facíao dende un plano máis racionalista que empírico ata que ese convencemento foi reafirmado o xoves na páxina segunda deste xornal. Noticiábase aquí que unha trintena de concellos galegos non tiñan ese problema de axustar coa facenda estatal, entre eles Carnota, os anticipos que lles fixo e que algúns mandatarios desta bisbarra non dubidaron en argumentar, demagóxicamente, de que se trata dun desquite daquel infausto Plan E, derroche que aplaudiron coas orellas agochadas.
A deplorable xestión de ZP non pode liquidarse con mentiras e máis aínda cando ese axuste supón unha carga que vai dende os 27 euros por veciño en Ribeira ata os dez en Mazaricos, cunha media de vinte euros. Como se iso fose unha hecatombe.
Que eses poucos e pequenos concellos, maioritariamente rurais, que teñen entre seiscentos e tres mil habitantes, leven as contas tan ben axustadas amosa que o problema do despilfarro non está no dimensionamento municipal senón na cultura do gasto sen xeito, un cancro xeneralizado que hai que arranxar doutra maneira. Pero o que resulta case increíble é que, non estando privados dos servizos esenciais, eses concellos teñen a súa páxina web e fan promoción turística.
Unha anécdota, o concello ourensán de Chandrexa de Queixa, de 700 almas, plantexou unha ducia de actuacións con 76.675? do Plan E que eu non vin por estes eidos.
Fixémonos agora nestes datos que amosan canto gastan por habitante os concellos desta bisbarra: Carnota: 1.158?; Lousame: 1.030?; Boiro: 1.028?; A Pobra: 819?; Porto do Son: 783?; Ribeira: 777?; Serra de Outes e Noia 700?; Mazaricos: 624?; Muros: 622?; Rianxo: 597?. ¿Hai algunha coherencia nestas diferenzas?.
Por exemplo, o concello de Lousame ten máis do dobre de superficie que o de Noia, pero unha densidade de poboación nove veces menor. ¿A quén lle conviría unha fusión neste caso?

0 comentarios:
Publicar un comentario