La candidata a la alcaldía de Muros por el BNG, ya ha "marcado" a los culpables de que en nuestras costas se quiera experimentar con la cría y engorde del salmón en jaulas (no aulas) instaladas en la ría de Muros y Noia.Con este artigo, pretendo analisar e argumentar a posición contraria do BNG á instalación destas xaulas, asi coma aclarar o papel representado polas distintas forzas políticas neste asunto.
¡Vaia lío con isto das gaiolas de salmón! Lío que armou a anterior Consellería de Pesca (PSOE), liderada por Carme Gallego, e co que continúa a actual Consellería do Mar (PP) liderada por Rosa Quintana.
A Consellería do Mar autorizou e defende a instalación das dúas gaiolas de salmón que non queren na Ría de Arousa no polígono Muros C da nosa ría. Isto está provocando o rechazo de tódalas confrarías da Ría e asociacións vinculadas co Mar.
¿Como armou o PSOE o lío?
* A Consellería do PSOE primeiro autoriza ou permite a instalación destas xaulas no polígono Ribeira C da Ría de Arousa e posteriormente afirma contundentemente que as gaiolas teñen que abandonar a ría de Arousa e empeza a buscar outras posibles ubicacións (Ons, Muros-Noia,…). Todo isto coa oposición clara das confrarías, maríscadores e mariscadoras,etc…. a que estas gaiolas estén no noso litoral. Xa daquela ninguén as quería nas súas rías e xa estaba o lío armado, ¿que se fai con elas?¿A onde se levan?¿Que pasa cos dereitos adquiridos pola empresa? Xa se fala de que a empresa concesionaria reclamará un millón de euros de indemnización.
O papel do PP neste lío
* En novembro de 2008, estando na oposición na Xunta de Galicia, amósase contrario a estas gaiolas: A través do seu voceiro de Pesca , José Manuel Balseiro, reclama unha explicación inmediata da Xunta de Galicia ante a confirmación de que unha empresa privada está a introducir salmón para o seu cultivo en cautividade no polígono Ribeira C da Ría de Arousa, a pesar do compromiso do Executivo galego de paralizar tal proxecto.
* En xaneiro de 2009, aínda na oposición na Xunta de Galicia, séguese amosando contrario a estas gaiolas: O voceiro de Pesca do PPdeG, José Manuel Balseiro Orol, di que teme que se esté poñendo en perigo o mellor mexillón do mundo, ademáis do peixe e o marisco da Ría xa que os produtos empregados para a cría deste salmón nas nosas rías, pensos e medicamentos, acaban por prexudicar segundo coinciden en asegurar todos os axentes do sector pesqueiro, expertos, científicos, mexilloeiros e cofradías.
* E aínda di máis, según Balseiro: “Na Consellería de Pesca son totalmente conscientes, malia que o oculten, que a cría de salmón nas nosas rías é inviable e desaconsellable pola súa evidente perniciosidade”
* En novembro de 2009, estando xa no goberno na Xunta de Galicia, o PP empeza a atopar pegas á retirada das gaiolas: o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Carlos Maneiro, afirmou no Parlamento que a Xunta non está a favor delas porque “a súa colocación foi realizada de xeito precipitado e sen unha análise firme sobre a viabilidade ambiental, económica e social, prexudicando ao sector produtor que xa estaba traballando”. A isto hai que engadir, segundo relatou Maneiro, “a viabiliade da actividade non era completa con menos de 20 xaulas”.
* En marzo de 2011, según o PP, estas mesmas gaiolas son estupendas para a Ría de Muros e Noia porque van crear un montón de postos de traballo, non é certo que sexan perxudiciais e xa non é necesario nin procedente a retirada destas gaiolas das nosas rías.
O papel do BNG
O BNG sempre estivo claramente posicionado en contra da instalación destas gaiolas, e foi a única forza política en levar este debate ó Parlamento Galego, primeiro da man de Bieito Lobeira xa en novembro de 2009 e logo da man de Ana Pontón e de Bieito Lobeira en decembro de 2010.
¿Que perigos poden ter estas gaiolas? Pois varios:
* Contaminación por nitróxeno e fósforo como consecuencia da sobrecarga de alimento, feces e elementos de excreción dos salmóns
* Contaminación por cobre debido ás operacións de limpeza, pinturas antifúnxicas das balsas-gaiolas e alimento sobrante.
* Propagación de enfermidades á poboación nativa e reprodución cos animais silvestrados cos conseguinte contaminación xenética, como consecuencia de escapes de salmóns.
* Uso de antibióticos (para diminuir a mortandade dos salmóns) que provocan resistencia na flora bacteriana e enfermidades nos peixes silvestres.
Por certo, estes perigos que nós vemos agora tamén os vía o PP ata que entrou na Xunta e o Psoe xusto o contrario, agora ve todos os problemas que antes non via. Parece que para o PP e o Psoe todo isto só importa cando son oposición ou cando se fala doutras rías distintas da nosa.
Con respecto ós postos de traballo que se crean, ¿cantos de destrúen se estes perigos se convirten en realidade e todo isto afecta ó noso mexillón, peixes e mariscos? Hai que buscar fórmulas que creen postos de traballo sen poñer en perigo os xa existentes, porque así é imposible calcular se paga a pena correr estes riscos.
Cando o PP estaba na oposición na Xunta de Galicia, concretamente en xaneiro de 2009, reclamáballe á Consellería de Pesca que asumira o compromiso formal e inequívoco de abandonar en Galicia todo intento de levar adiante a experimentación con este cultivo acuícola “e que dera mostras de criterio axeitado xa que aquela Xunta parecía ter esquecido que o seu primeiro deber é traballar a prol dos pescadores, mariscadores e mexilloeiros e nunca en contra dos seus intereses”.
Está claro que para o PP o seu primeiro deber non é traballar a prol dos pescadores, mariscadores e mexilloeiros, xa nolo demostraron coa retirada das axudas de 557 € ás mexilloeiras con máis de 65 anos sen tempo suficiente cotizado para cobrar a xubilación, e agora dándolle ás costas a todo o sector do mar.
1 comentarios:
Coñecéndoa, sábese que a señora María Xosé Alfonso é unha "negra", non no sentido pexorativo da palabra, se non, como escritora. Analizando o escrito, intuíse porque non o asina alguén por riba dela: non interesa enquistarse cos socialistas.
Vexamos algunhas das perolas:
¡Vaia lío con isto das gaiolas de salmón! Lío que armou a anterior Consellería de Pesca (PSOE), liderada por Carme Gallego, e co que continúa a actual Consellería do Mar (PP) liderada por Rosa Quintana.
O BNG sempre estivo claramente posicionado en contra da instalación destas gaiolas, e foi a única forza política en levar este debate ó Parlamento Galego, primeiro da man de Bieito Lobeira xa en novembro de 2009 e logo da man de Ana Pontón e de Bieito Lobeira en decembro de 2010.
¿Cómo se poden dicir tamañas estupideces en tan poucas liñas? Se estaban en contra destas gaiolas, ¿por qué agardaron hasta novembro de 2009, co PP xa na Xunta, para levalo debate a pleno? ¿que pasa, que antes non lles conviña para poder seguir chupando da teta? Se na nosa ría son tan prexudiciais, érano moito máis na de Arousa, e nin ela, nin o señor Lobeira ou a señora Pontón, vemos que dixeran algo, analizando a "súa" nota.
Coma mariñeiro sinto dicilo, pero quen non vos coñeza, que vos compre, pero nós non vamos a "picar" coma os peixes. BNG-PP-PSOE a mesma merda é.
Publicar un comentario