:lvg: | 9/11/2010
Que o Tea Party -Partido do Té- tivese xurdido con certa forza nos EE.UU. ten máis relevancia da que por estes eidos se lle está dando, por moito que esteamos acostumados a ter nas cortes españolas tropecentos partidos políticos e imos sorteando o vendaval, pero non deberiamos esquecer o acontecido entre 1980 e 1992 co chamado «pentapartito italiano» que, por mor dos escándalos de corrupción que aquilo supuxo, foi o desencadeante da desaparición dos partidos tradicionais incapaces de gobernar o país da bota.
Un día comentáballe eu a un dirixente dunha gran formación política nacional que a mera existencia dun partido independente con representación no concello supoñía un gran fracaso do resto dos partidos tradicionais, xa que, á marxe de que poida condicionar ou non a formación de gobernos, representan o cabreo dunha parte da veciñanza.
Casos tivemos e temos na bisbarra, como a pobrense Agrupación Independiente de Cobas na que se apoiou Ramón Rego, a ICB de Velo en Boiro que non goberna pero gobernou, a IPR de Rosa García Pose que machucou ao PSdG-PSOE ribeirense, o que pode acadar o tándem Quiñoy-Pérez en Porto do Son ou o que sairá da escisión de Javier Chouza para o PP boirense.
Dos exemplos que poño, podemos decatarnos de que non son as siglas o que rechama, senón os nomes das persoas que as lideran, o que nos leva á conclusión de que o noso sistema de listas pechadas e mangoneadas é un tremendo perigo para o creto político e a estabilidade democrática.
Din algúns sisudos comentaristas que o varapao de Obama foi por mor do Tea Party. Moi pola contra eu penso que o gran perdedor por este movemento foi o Grand Old Party, o Gran Vello Partido, como así aínda se lle chama aos republicanos, agravado con que agora permítense as doazóns anónimas, cousa que, por outra banda, sempre existiu como existe en España agochadamente a pesares de estar prohibido, pero que para a mentalidade ianqui as formas son tan importantes coma ese sentimento de «to save the mother land», salvar a patria nai ou «to respect the flag», respectar a bandeira.
En definitiva, se o sistema norteamericano comeza a dar tombos, eivados iremos nos países que, coma o noso, levamos catro días pretendendo ser unha democracia.

El articulista se dejó en el tintero al señor Chamozas, un autentico camaleón, cambia chaquetas decían en el BNG, que su bautismo en política fue bajo el paraguas del PP, pasando a continuación a encabezar las listas de AVS. Dejando poco después tirados a sus compañeros de aventura, cuando con su acta ene l bolsillo logró que saliese reelegido el señor Quintáns como alcalde. Esto no solo le reportó una suculenta dedicación en el equipo de gobierno, con sus correspondientes honorarios, si no que, en pago a sus favores, el señor Quintáns lo llevó como número 2 en sus listas. Algo así como están haciendo ahora sus compañeros mucho más al sur y que sus jefes de aquí, están remendando como pueden.
0 comentarios:
Publicar un comentario