10 enero 2011

O Son mantiene viva la memoria de Sampedro


:ecg: | 10/01/2011
Con motivo del decimotercer aniversario de su muerte, la asociación Derecho a Morir Dignamente (DMD) homenajeó con varios actos a Ramón Sampedro. Así, el sábado 15 se desarrollará una mesa redonda con debate en torno a la Ruta da Memoria de Sampedro en el restaurante Arnela II de O Son. También el domingo, en la playa de As Furnas, se inaugurará un busto, en el lugar donde sufrió el accidente.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Un pouco coxa a nota. Aquí teñen toda información dos actos a celebrar: http://xornalcerto.blogspot.com/2011/01/porto-do-son-homenaxe-ramon-sampedro.html

Porto do Son, 10 de xaneiro de 2011.
A tradicional homenaxe ao xuñense Ramón Sampedro durará tres días este ano. Comezará o vindeiro venres, 14 de xaneiro, cunha charla sobre morte digna e dispoñibilidade da propia vida, no centro sociocultural de Fontiñas en Santiago de Compostela. Nela participarán María Jesús Díaz Veiga, profesora de Dereito Procesal na Universidade Carlos III de Madrid; Luis Villares Naveira, maxistrado e coordinador en Galicia de Xuíces para a Democracia e o famoso doctor Luís Montes, actual presidente federal da asociación Dereito a Morrer Dignamente. Coordina Mar Martín García, concelleira de Benestar Social do Concello de Santiago a actividade, que comeza ás oito da tarde.

Xa o sábado, 15 de xaneiro, ás catro da tarde, haberá un roteiro pola memoria de Ramón Sampedro, cos lugares que marcaron a súa traxectoria vital ou nomeou nos seus escritos, como o río Sieira ou mesmo a súa casa natal. Logo farase un debate no local social da asociación de veciños Sartaxas. Os interesados deben agardar no hotel restaurante Arnela II, onde se lles recollerá ás 15:30.

O domingo 16 de xaneiro, á unha da tarde, terá lugar a tradicional homenaxe no lugar onde tivo o accidente que deixou inválido a Sampedro. Este ano inaugurarase un busto coa súa figura, diante do cal se fará a homenaxe floral e poética. A continuación haberá comida en Porto do Son, no restaurante do Arnela II.