:logo-lvg: | Barbanza
A lembranza do cura aguiñés marcou a celebración dunhas novas xornadas
Hai persoas que deixan pegadas fondas. Son personaxes polos que non pasa o tempo, que se lembran sempre, como se en realidade nunca marchasen. É o caso do párroco aguiñés Francisco Lorenzo Mariño, ao que oito anos despois do seu pasamento, un 16 de xaneiro do 2004, os seus veciños seguen homenaxeando. E non o fan de calquera xeito. Ano tras ano, e xa van sete, a asociación que leva o nome do malogrado sacerdote organiza unhas xornadas culturais. Trátase duns actos significativos, que contan cunha nutrida representación de público, e que inclúen tanto charlas ou actuacións como a tradicional ofrenda floral ante a tumba do sacerdote, en Porto do Son.
Este ano, as xornadas estiveron, en parte, centradas no patrimonio. Pilar Casas foi a encargada de dar, o venres pola noite, unha conferencia titulada Recursos patrimoniais de Aguiño. Arqueoloxía, etnografía e paisaxe.
A lenda do peirao fenicio
Ante un auditorio abarrotado -segundo indicaron dende a entidade organizadora, no conservatorio aguiñés déronse cita unhas duascentas persoas-, Casas fixo un percorrido verbal por xacementos arqueolóxicos como o castro de Porto Baixo. Ou falou do porto da Covasa, que se cre que é de orixe catalán e bastante recente, malia que a lenda popular se refire a el como fenicio. Tamén citou as praias da parroquia e os grandes fitos no desenvolvemento de Aguiño, como a construción da estrada a Ribeira, que empezou no 1921 pero non se rematou ata terminada a Guerra Civil.
Ao rematar a conferencia, a música tomou o conservatorio de Aguiño. Os encargados de poñerlle melodía á xornada foron os compoñentes da coral municipal, dirixidos por Enrique Paisal. A noite rematou cun ágape de celebración.
Xa o sábado, tivo lugar a tradicional ofrenda floral, polo que algúns veciños de Aguiño se desprazaron ata Porto do Son para, ao son das gaitas, poñer flores ante o panteón de don Paco. Logo tivo lugar unha misa de aniversario celebrada polo párroco David Mohedano. Unha vez máis, Francisco Lorenzo estivo na mente de todos.

0 comentarios:
Publicar un comentario