:logo-lvg: | Barbanza
Nos resultados deste intríngulis electoral do 22-M hai algo do que, agás en contados lugares, ninguén dubida. Detrás está a expectativa dun pobo laiante e doente por mor dunha situación que o require e que espera a súa solución nun PP liderado na figura do seu presidente nacional, Mariano Rajoy Brey, un galego con raíces na parroquia de Berdoias (que, pola súa paisaxe, debería escribirse con uve) do concello de Vimianzo, nado na hoxe capital do reino de Galicia, onde tamén viron a luz os meus tres fillos, segundo a miña fonte máis fiable naqueles eidos agrícolas, intríngulis do que non foi alleo o arco Barbanza-Muros-Noia, cos seus máis e cos seus menos despois dos amaños a que estamos acostumados.
Conscientes dese axioma, os oligarcas provinciais da gaivota consideraron hai uns días, nisto atinadamente, que era conveniente xuntar aos seus mandatarios da bisbarra que van ter responsabilidades de goberno para lerlles o catón e que podería sintetizarse na seguinte aseveración de Manolo Ruiz, novo alcalde de Ribeira, neste xornal: «No va a ser un mandato de grandes obras, yo no las prometí». ¡A conculcación do máis sagrado do catecismo político dende os tempos do faraonismo! Pois ben, ao novo alcalde do centro nuclear da economía da bisbarra, asegúrolle que dedicando todos os esforzos para atender aos máis necesitados, haberá feito a obra máis grande xamais proxectada por un político.
Antes das eleccións unha concelleira chamada a repetir -e repetiu- pediume opinión do que deberían facer nesta sazón. Non o dubidei, «do not me fish, teach me to fish» -non me deas peixe, ensíname a pescar-, un dos proverbios do gran Confucio, dedicando todos os escasos recursos para afrontar o problema do desemprego e aparcar os «grandes» proxectos, pero moito me temo que algúns non saberán renunciar aos foguetes, ás dedicacións exclusivas, aos gastos de representación e aos viños de reserva, a pesares da ameaza da non tan afastada cartilla de racionamento da década dos corenta. Oxalá que me trabuque.

0 comentarios:
Publicar un comentario