:logo-lvg: | Barbanza
O presidente da Mancomunidade de Montes Serra do Barbanza aporta alternativas para previr os danos dos lumes no verán
Verán tras verán, os montes galegos en xeral, e os barbanceses en particular, son pasto das chamas. Os responsables destes terreos queimados e comunais hai tempo que aportan propostas para corrixir esta situación e, principalmente, minimizar os danos que causan os incendiarios.
¿Estaban os montes preparados este verán para recibir os lumes?
Radicalmente non polo abandono dos labores de prevención en favor do que se chama economía do lume. Nós pensamos que existe un negocio importantísimo sobre a extinción do lume que impide constituír o que tamén pode ser un negocio, xa que sempre farán falta empresas para realizar o traballo no monte, pero a prevención feita pola Xunta ten que basearse na limpeza correcta, que esixe que este terreo recupere a xente e os animais.
¿Con toda a choiva deste inverno, e sabendo que favorece o crecemento da masa forestal, non sería necesario priorizar as labores de prevención?
Esta visión de máis prevención e menos extinción, o bipartito de Touriño xa intentou levala a cabo pero sen o tempo necesario para aplicala. Tampouco podemos pensar que é unha guerra política entre PP, PSOE e BNG. É unha cuestión de país que ten que estar controlada e traballada para que cando cheguen os incendiarios e decidan usar o chisqueiro non o teñan tan fácil. Aínda que teñamos nordés, se o monte está ben o dano será moito menor.
¿Acertou algún Goberno da Xunta na súa política forestal?
Está claro que non. Podemos valorar positivamente as que levou o bipartito de sacar axudas para a instalación de sistemas produtivos de cogomelos ou favorecer sistemas de gandería, pero con tempo. O que non pode ser é que cada Goberno siga un modelo que non sirve, tal e como se viu nos últimos 35 anos.
¿É compatible o rédito a curto prazo da actividade política coa xestión dos montes?
É imposible e ten consecuencias desastrosas para a terra. Pero lévase facendo dende hai 60 anos. Moitas veces dise que a xente abandonou o monte, pero o real é que a xente foi expulsada do monte no momento no que se decidiu que este tiña que ser unha fábrica de papel rápida baseada na cría de eucaliptos. O mesmo sucedeu co gando. Se sobra a xente sobran tamén as bestas.
¿Por que o gando rebaixa os efectos do lume?
O gando non é unha alternativa, é unha necesidade. Se non hai bestas o monte medra asalvaxado, como o leva facendo 50 anos, e iso é imposible paralo con salarios, desbrozadoras ou tractores. Temos que meter miles de cabezas de animais como houbo sempre para que pisen, coman, machuquen, enreden e rasquen contra o monte baixo para limpalo de maneira natural.
¿Saben os veciños quen prende os lumes?
É algo coñecido dende hai tempo. Basicamente hai dous lumes: o que se prende cando se ten gando e vese na necesidade de limpar o monte, algo que se mide moi ben e non se fai de calquera maneira; e logo está a xente que o fai a esgalla coma o de Ribeira ou Boiro e Lousame da semana pasada. De todas formas, está claro que os incendios é necesario apagalos durante o inverno.
¿A que prezo se vende a madeira que arde?
As empresas madeireiras saben que os comuneiros necesitamos retirar esa madeira para evitar tanto que podreza como a aparición de pragas. O que fan é recollela, pero pondo elas o prezo que lle interesa, sabendo que nós precisamos sacala o máis rápido posible do lugar. Aí si que existe un gran negocio.
¿Habería que aumentar o traballo feito no monte a todo o ano?
Traballo xa se fai por parte dos distritos forestais, pero é necesario facer máis os doce meses do ano. A inversión realizada neste tempo suporía non ter que facer outra tan forte na época de lumes, o que tamén suporía ganancias para a xente que vive no rural e do rural.

2 comentarios:
¿Alguien leyó o escuchó de este señor en los años 2005, 2006 y 2007, alguna crítica contra la nefasta gestión de la Consellería do Medio Rural en manos del Bloque, que solo aquí en Porto do Son, se llevó miles de Has., sobre todo de monte arbolado por delante?. Tanto fue que el primer año, nuestra comunidad, Baroña, la más afectada, incluso el presidente, no fue quien de alzar su voz.
Luego vino el terrible y aciago 2006, que desde Camboño, Miñortos, Portosín, Nebra, Noal y Baroña, arrasó toda nuestra fachada sobre la ría. Y siguiendo el ejemplo de nuestro ex presidente, a pesar de que su comunidad, Nebra, fue la más afectada, tampoco tuvo lo que había que tener para criticar al Conselleiro y al bipartito y defender a sus comuneros.
En referencia a su última respuesta, me pregunto ¿este señor vive del rural?, que no es lo mismo que vivir en el rural.
y para terminar, si las alternativas que aporta para (previr os danos dos lumes no verán), son las mismas que aportó su partido apaga y nunca mejor dicho. Por lo menos este año gracias a la labor llevada cabo por la Xunta no sufrimos las riadas acontecidas en los años 2005 y 2006.
Son gestos como estos los que nos demuestran como esta gente, la del PSOE o la del PP ( me da igual a que partido pertenezcan porque al contrario que ellos no tengo que hacerle la pelota a nadie ya que vivo de mi trabajo ),desde la oposición tienen una cara amable y desde el gobierno, la cambian por el duro pedernal.
Permitanme exponer varios ejemplos extraídos de las hemerotecas sobre algunos de los incendio acaecido en ese trienio:
El fuego arrasa cientos de hectáreas de monte arbolado en Barbanza
Quinientas hectáreas destruidas en los municipios de Muros y Carnota
Las llamas se situaron a 25 metros de las casas en Taragoña
El fuego arrasó una superficie arbolada próxima a varias casas de Baroña
El fuego quemó este año casi 50.000 hectáreas, el peor registro desde 1989
El silencio de vuestro presidente no lo entiendo aunque fuese o sea militante del BNG, su deber como máximo dirigente de su comunidad, era defender lo intereses de los comuneros. Si en este caso prefirió anteponer los intereses del partido, su obligación era presentar su dimisión.
Tema diferente es el caso de este paisano, que tenía doble motivo para callarse, ya que ademas de ser militante del BNG, el exconselleiro era su primo, y como comprenderá entre familias se lavan los trapos sucios en casa.
Publicar un comentario