31 mayo 2012

Rosalía de Castro segue viva no corazón dos barbanceses


:logo-lvg: | Barbanza

1 Reivindicar o valor universal da poesía de Rosalía de Castro. Este foi o obxectivo do último acto cultural organizado por Barbantia, en colaboración con Altofalante e coa asociación Pedra de Pidre. Ducias de veciños congregáronse na aula multimedia de Ribeira para asistir á presentación da obra de Francisco Rodríguez, que leva por título Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria. O interese que espertou o acto deixa constancia de que a escritora segue moi viva no corazón dos veciños da comarca. O presidente de Barbantia, Xesús Laíño, e o de Altofalante, Xosé Vázquez Cobas, quixeron brindar unhas palabras ao público e destacar a importancia deste libro, de doada lectura e que reflicte a unha Rosalía descoñecida para moitos.

Solidariedade

2 A solidariedade dos barbanceses move montañas. Só había que ver como estaban as inmediacións da lonxa de Ribeira no festival que se celebrou para axudar a Paula Nieto, a meniña de Boiro que se somete a un custoso tratamento en Alemaña para poder camiñar. O público gozou coas actuacións de Ana Paz, Mar Dávila, Manolito El Pescador ou Sabela, entre outros artistas. Eva Rivero tampouco perdeu detalle e estivo moi pendente da pequena e da súa familia.

Encontro en Laxe

3 Un grupo de antigos seminaristas de Santiago de Compostela, en concreto os da promoción 1970-1977, reuníronse nos últimos días en Laxe para celebrar un novo encontro, despois do que tivo lugar no municipio boirense. Entre os participantes estaba o director da oficina de de Novagalicia Banco do concello de Mazaricos, Domingos González González; o boirense relacionado co mundo do deporte e árbitro de fútbol veterano, Francisco Bugallo Otero; e o hostaleiro Juan Manuel Blanco, de Ribeira. Todos posaron nunha foto de grupo.

0 comentarios: