:logo-lvg: | Barbanza
Cruz Vermella de Noia impartirá o sábado un curso sobre como actuar cando hai urxencias con bebés ou con nenos
Antón García Rechou, Toné, (Noia, 1979) é enfermeiro no hospital do Barbanza e voluntario de Cruz Vermella. Ademais, é un dos monitores do curso de primeiros auxilios a bebés e nenos que está ofrecendo esa institución e que se impartiu xa en varios lugares. A próxima sesión será en Noia, o sábado, de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00.
-¿A acollida é boa?
-De 20 alumnos para arriba. É un curso dirixido a todas idades, non se require ningún perfil.
-¿Que temen os alumnos?
-Ensinamos como enfrontar unha parada cardiorrespiratoria, pero é pouco común. Son as pequenas cousas as que abundan: queimaduras, cortes, fracturas, traumatismos leves... Accidentes no fogar. Despistes: deixar obxectos cortantes ou quentes preto deles, caídas... Temen moito o atragantamento.
-¿Que lles recomendan?
-Primeiro, calma. No caso de atragantamento, deixar que a persoa tusa. Se así non pasa, dar unhas palmadas nas costas e facer compresións abdominais. Sempre lles falamos, para todo tipo de emerxencia, da conduta PAS: protexer, alertar e socorrer. Neste último paso entraría todo o que aprenden no curso: poñelo en práctica mentres chegan os servizos de emerxencia. Poden pasar quince ou vinte minutos cruciais se falamos dun pobo que está lonxe, así que cantos máis saibamos primeiros auxilios, máis vidas se salvarán.
-¿A xente está máis formada?
-Cada vez chega con máis coñecementos previos, un pouco tamén por todo o traballo que se vén facendo, con charlas en institutos, en asociacións, a profesionais... Pero queda moito por facer. Primeiros auxilios debería ser unha materia no instituto. Estudar algo todos os anos.
-¿Canto tempo lle poden dedicar a estas colaboracións?
-Ser monitor de Cruz Vermella é voluntario; dedicámoslle o tempo que nos permite o traballo. Eu colaboro dende o 2004, e engancha. O máis veterano aquí leva 25 anos. En Cruz Vermella hai actividades variadas, que pode facer calquera persoa. Non se require un perfil determinado. Se non é para impartir cursos, pois si para tarefas de acompañamento familiar, por exemplo.
-¿De que se teñen organizado cursos ao longo deste tempo?
-Moi variado. Ademais dos relacionados coa área sanitaria, outros vinculados á atención a persoas dependentes ou con alzhéimer; apoio escolar a rapaces...
-¿Cales prefire impartir?
-Entras nun departamento e acabas formando parte un pouquiño de todos, pero pola miña profesión prefiro aqueles relativos a urxencias: no fogar, en actos deportivos ou relacionados con accidentes de circulación.
-¿Tiña claro o da enfermería?
-Cando acabas a selectividade, a verdade é que tes que escoller en catro días, pero a min sempre me atraía a materia sanitaria. De medicina botábame para atrás o longa que era a carreira, así que me decidín pola enfermaría [son catro curmáns enfermeiros na familia] e a verdade é que non me arrepinto de nada.
-¿E iso das series de televisión?
-A imaxe que ofrecen é completamente distorsionada. Ves ao médicos facendo eles mesmos todas as probas, entrando na casa dos enfermos para buscar causas das doenzas... É irreal.
-¿Acostúmase a todo o que ve ou aínda lle segue afectando?
-Enfermaría é unha carreira moi práctica, así que te acostumas a aplicar un protocolo dende o comezo, pero mentiría se dixese que hai cousas que non causan impacto. Non o pensas no traballo pero si cando chegas a casa.
Antón García RECHOU enfermeiro e voluntario

0 comentarios:
Publicar un comentario