:logo-lvg: | Barbanza
Como cada ano, eiquí estou a lembrarche, camarada, sempre ao redor do 21 do mes de Santos no que te despediches dos que andabamos a rondar polos recunchos do hospital de Compostela. Non traio boas novas estes días. O mundo vai a peor e as xentes andamos a escornar na escuridade, pois has de saber que a luz, aquela luz que desprendía a túa presenza, anda escasa e o que comezou como un luscofusco, ven de se converter nas tebras presentidas por Celso Emilio na súa longa noite de pedra.
Fai uns días andou o señor Rueda, da Xunta de Galicia, a comparecer cada media hora na telegaita porque tivemos eleccións xerais. Lembreime de ti porque o devandito persoeiro poñía cara de primeira comunión e comunicaba que os votos que saían das furnas (non as urnas), dábanlle ao Partido Popular a maioría absoluta. E lembrábame de ti porque sempre me dicías que urna en galego viña a ser urna en castelán, e furna traducíase como caverna.
Bon, pois este home tan importante do noso goberno, cada vez que saía ledo a informar do escrutinio, traía ao seu prol unha manchea de papeletas saídas (sic) das furnas, ou sexa, das cavernas. O pasado venres, xuntámonos como cada ano os integrantes da asociación Barbantia para entregarlle os Sereos aos nosos loitadores da cultura na bisbarra. A revista amada, Casa da Gramática, foi recoñecida, tamén a divina Eva Veiga e máis Paola a de Borobó.
Neste acto apareceu, como non, outro da furna que viña da Deputación. Tróuxonos moitos saúdos do seu xefe nun excelso castelán, o que provocou que o teu irmán Lois, o Clodio, eu e tres ou catro máis, abandonáramos a sala ata que rematou aquela provocación. Xa cho dixen, á peor.
Xena e máis eu seguimos quedando para ir comer con Solita á vosa casa un día que nunca chega. A culpa é nosa. A ver cando pasen as festas de Nadal. Polo demais, seguimos a facer versos e parece que a semente está prendendo pouco a pouco na xente nova. Lembrámosche a cotío. Queda tranquilo, mestre. Abur!.

0 comentarios:
Publicar un comentario