:ecg: | 14/07/2010
Adega solicita que cese o uso de herbicidas para a limpeza das estradas e que sexan substituídos por métodos de rozado mecánico, que ademáis de ser inocuos, crian máis postos de traballo. "Estas substancias biocidas, anque legais, comportan riscos para a saúde pública e ambiental ao envelenar as augas e os solos", di Adega. "Unha suposta austeridade mal entendida está a envelenar os ecosistemas, incrementando o risco de lumes". Adega solicitou á Administración estatal e á Xunta, coñecer a composición dos agroquímicos cos que se está a fumigar, entre os que poderían estar herbicidas sistémicos moi tóxicos coma o glifosato (coñecido pola marca Roundup -popularmente randón ou rondón-). Na foto, unha fumigadora en Noal, Porto do Son. Tamén se rexistrou un traballo semellante en parroquias do Concello de Oroso.
0 comentarios:
Publicar un comentario